O ADESTRADOR, JUNI, DEIXARÁ O SD CORISTANCO O ACABAR ESTA TEMPADA.

Despedida de Juni do clube coristanqués.

 

Xa son varios os adestradores que anunciaron que non seguirán a vindeira campaña no equipo. Diego Lobelos  adestrador do Muxía CF, (que apunta a que se vai o Fisterra), e o seu compañeiro Óscar Leis xa dixeron que non seguen, así coma Pablo Mallón no Ponteceso, e agora o que ven de anunciar cunha emotiva carta sobre unha foto do equipo, é o adestrador do SD Coristanco, equipo tamén da Liga da Costa, Alejandro Rodríguez “Juni”, deixará o banco coristanqués trala Copa da costa, tras acadar unha boa tempada cos da terra da pataca, que nunca flirtearon co perigo do descenso. 

Juni deixa o equipo coristanqués co que quedou na 9ª praza con 42 puntos de 12 vitorias, 6 empates e 12 derrotas, adadando 57 goles e encaixando o seu equipo, 47.

O noso desexo de que todo lle vaia do milloriño e a gratitude pola sua colaboración, sempre exquisita coa nosa web, cos seus comentarios dos encontros.

-Foto : Juni/SD Coristanco

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies