Lilo levou o laxe a final polo ascenso a Liga da Costa.
Eliseo Rama “Lilo” deixa de ser adestrador do SD Laxe co que fixo unha gran temporada sendo un dos equipos cos que non se contaba para a loita polo ascenso a Liga da Costa e que chegou a final, quedando apeado do ascenso por 1 gol, tras empatar a uns co SD Camelle en Laxe, (1-1) e caer no “Rodeiro” por 1-0. Lilo consigueu meter o seu equipo na promoción tras unha extraordinaria segunda volta e loitando ata o derradeiro encontro da liga regular.
Lilo dí adeus ao equipo como tamén o fixeron estes días, Pablo Mallón do Ponteceso, Pedro Gómez do Soneira ou Diego Lobelos e Óscar Leis, do Muxía.
O xa ex adestrador dos laxense, e que tamén fixo unha boa campaña cos cadetes do SD Ponteceso, despideuse do clube, dos xogadores e da afección laxense cunha emotiva carta. O noso desexo de que todo lle vaia ben e o agradecemento pola sua colaboración ca nosa web.
Carta de despedida
“Quero despedirme de todos vós. Simplemente darvos as GRAZAS polo voso apoio, e pido perdón polos erros e fallos, tanto a nivel individual como grupal puideron ocasionar as miñas decisións. As mesmas foron sempre buscando o maior beneficio para o club. Esta decisión de deixar LAXE SD 22/23 é a mellor solución para todas as partes. Por iso apártome ao carón…GRAZAS A TODOS E POR TODO O voso APOIO.
Con dor e pena, pero creo que é mellor para o club e para min, chegou o final dunha etapa difícil e complicada. Vou coa tranquilidade de que dei todo para poder axudar ao club para seguir conseguindo obxectivos, pero non se puido. Vou con ese sabor amargo de non conseguilo pero coa felicidade de levarme moitos amigos dese vestiario marabilloso do que formei parte. Grazas a todos, sentínme como na casa sempre. Un gran abrazo, nunca vos esquecerei”.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”