O pasado Domingo o adestrador do SD Camelle, Sergio “Crejo”, que viña de empatar o día anterior co SD Laxe, (1-1) na ida da final polo ascenso a Liga da Costa, e que terá continuidade este vindeiro sábado, (17:30 horas) no “Rodeiro” de Camelle, xogaba un encontro da División de Honra de Veteranos, co Sporting Zas, o seu equipo nestas lides. Nun lance do xogo, ante o Veteranos CF Dumbría, o “Crejo” sufría a rotura de tíbia e peroné, lesión pola que sigue hospitalizado e coa esperanza de ter a alta en breve, para poder estar no encontro decisivo polo ascenso, “ainda que sexa a carón do banco nunha cadeira de rodas”.
Nestes días o da Parroquia de San Martiño, recibía numerosas mensaxes de apoio de amigos e compañeiros, antre elas as nosas, xa no intre que nos enteramos do sucedido, pero houbo unha que lle fixo especial gratitude e admiración, a do Gran Capitán do Depor, Álex Bergantiños, que xa sabe o que é perderse unha final polo ascenso, por grave lesión, pero tamén gañalas. O da Sagrada Familia, tralo adestramento a porta pechada en Riazor, desexoulle a Sergio, “unha pronta recuperación”, deulle “moitos ánimos”, e o desexo de que , “acades o ascenso, como tamén, nós a facer no Depor”.
No equipo camellán son moitos os deportivistas que ten enrolados, e moitos deles ademáis socios do equipo branquiazul, que por cadrarlle moitas veces os encontros do Camelle cos do Depor, non poden ir a velo, pero teñen costume de o rematar o encontro do seu equipo, se ainda non acabou o encontro, ir a Molinera, ou ao bar que teñan preto no pobo no que xoguen e ir ver o final do encontro, e cando pode ser, enteiro antes de irse as suas casas.
Esta pasada fin de semana houbo unha xornada aciaga no que se refire a lesións no fútbol da costa. Nas crónicas que nos mandan os adestradores puidemos saber graves as de Sergio “Crejo”, ca rotura de tibia e peroné, Felipe do Laxe, con 5 puntos de sutura internos e 15 externos, na frente, así coma moratóns en ambos pómulos, e o seu compañeiro de equipo, José Manuel, cun traumatismo craneoen cefálico que lle fixo ter que ir a observación a un centro hospitalario. tamén sufreu un forte e aparatoso golpe contra barandilla que delimita o campo, un xogador do SD Oza da Liga da Costa A todos eles lles desexamos unha pronta e satisfactoria recuperación.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Vídeo : SD Camelle