Sergio, primeiro pola esquerda.
Na mañán do Domingo o adestrador do SD Camelle, Sergio “Crejo” disputaba un encontro na División de Honra de Veteranos da Costa co seu equipo, o Sporting Zas ante o Veteranos CF Dumbría. Nun lance do xogo sufría a rotura da tibia e o peroné. O encontro parouse a espera dunha ambulancia para trasladar a Sergio a un centro hospitalario, intre no que o encontro foi suspendido.
O noso desexo dunha pronta e satisfactoria recuperación.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”