Fernando Mato será recoñecido polo Comité de adestradores.
O adestrador do equipo xuvenil, do Cabana SD, Fernando Mato, será premiado pola Real Federación Galega de Fútbol, o vindeiro sábado 29 de outubro co gallo do “Día do Adestrador”, que orgañiza o Comité Galego de Adestradores.
Ademáis do adestrador nado en Coristanco e afincado en Cánduas, o Comité de Adestradores distinguirá a 32 entrenadores pola súa labor na pasada tempada 2021-2022. Fernando será o único entrenador da Costa nos distinguidos nesta edición.
Fernando Mato, todo un luxo de adestrador e de persoa, é un dos grandes do fútbol base da costa, un educador, que levou tódolas categorías de base que existen, en gran medida no Cabana e no Ponteceso, ademáis de dirixir a equipos senior, pero a sua preferenza sempre foi o fútbol base, no que acumlua unha enorme experienza, e títulos tanto físicos coma morais, con recoñecementos que non saen na prensa, que son os mellores, os dos propios xogadores, o das suas familias e o dos afeccionados.
A nosa máis cordial noraboa, por este premio, que ven a distinguir a alguén que xa sabemos todos o valor que ten, sen ningunha dúbida.
-Foto e Texto : piratasdemuxia