O San Ramón coa Copa trala final do San Andrés de Zas.
ACD San Ramón 0-2 CF Dumbría
Sen dúbida ningunha o ACD San Ramón é o equipo estrela dos Veteranos da Costa 2023/24 por varios motivos. Proclamouse campión da División de Hora de Veteranos rompendo números, na Copa da Costa tocoulle o campión da 1ª Galicia de Veteranos, o Atlético Carballo, que chegaba a esta competición tras gañar a liga gañando tódolos encontros e cuns números de esccándalo, e por terceiro os da Laracha derrotaron na final da Copa da Costa ao CF Dumbría, nun choque xogado de poder a poder e no que na primeira metade non se movía o marcador. Non foi ata o 58 cando Alejandro Rodríguez facía o 0-1 e 20 minutos despois o seu irmán Mario poñía terra de por medio para finalizar facendo o dobrete de liga e copa. A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o San Ramón.
CF Dumbría : Aimón, Martín García, Martín Suárez, David, Jesús, Juan Castreje, Daniel, Juan Díaz, Eduardo, Alan, José Grille. Tamén xogaron : Sergio, Pablo, Señarís, José Manuel, José Sar, Tomás, Antonio e Mario de José.
ACD San Ramón : Alfonso, Óscar, Javier, Jesús, Fernando, Alejandro Rodríguez, Sergio, Yago, Marcos, Alejandro Mato e Mario. Tamén xogaron : Óscar Ponte, Crístian, Adrián, Juan Carlos, Santiago, David, José Manuel e Borja.
Goles : 0-1, Alejandro Rodríguez, (58´); 0-2, Mario, (77´).
Arbitro : Iván Guerra Domínguez, asistido nas bandas por Vitor Recarei e Manuel Rodríguez. Amonestou polo Dumbría a Alan, e polo San Ramón a José Manuel, Borja e Alejandro Rodríguez.
PREMENDO AQUÍ, podes ver en cómodas táboas tódolos resultados de Fases de ascenso, Copas da costa, senior masculina, e feminina e do fútbol 11 de base, todos da costa.
-Foto : Concello da Laracha
-Texto : Xosé Búa “Pirata”