O ACD SAN RAMÓN CAMPIÓN DA DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS DA COSTA A FALLA DE 2 XORNADAS PARA O FINAL DA LIGA.

 

Tal e como xa vos adiantamos o pasado Domingo, o ACD San Ramón proclamouse campión da División de Honra da Costa o sumar 1 punto, pois era o mínimo que lle facía falla para cantar o “alirón” e así o fixo tras puntuar no seu enfrontamento ante o SD Castriz, (1-1), equipo que se está a xogar a vida e que este punto lle valeu para seguir optando a salvación ata a derradeira xornada.

 

 

Nas derradeiras xoornadas e nun bo número delas a loita estivo antre os laracheses eo Sporting Zas, pero o empate da pasada semana no San Andrés de Zas dáballe o título en bandexa ao San Ramón, que se fai co título a falla de duas datas para o remate da liga e tras sumar 17 vitorias, 5 empates e tan só 2 derrotas, sendo o equipo máis goleador cun total de 82 dianas e o menos goleado, empatando neste eido co San Román e co Dumbría, polo tanto nestas duas xornadas é un mérito máis que pode sumar a sua excelente tempada. Ademáis o seu xogador Mario Rodríguez é con diferenza o máximo goleador da categoría con 29 tantos materializados, (3 de penalti), superando en 10 o segundo máximo goleador, que é José M. Bello do veciño San Román. 

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o ACD San Ramón, xogadores, técnicos, diretivos e afeccionados.

A permanenza cousa de 3 equipos

A importantísima vitoria do Soneira sobre o Cabana, (2-1), fixo que os cabaneses queden a tan só 3 puntos do Castriz, que marca o posto por dilucidar de descenso. O equipo xalleiro que empataba co campión, (1-1), está agora a 3 do Cabana, que marca a salvación e a 4 do Soneira. O Cabana a vindeira semana recibe ao colista e descendido, Corcoesto e remata a liga visitando o Oza. O Soneira a vindeira xornada visita ao San Román que está na loita co Dumbría polo terceiro posto do podio da liga, e remata a liga recibindo no Municipal de Vimianzo ao subcampión, Sporting Zas. O Castriz, que non depende dél, o vindeiro Domingo recibe o Corme e despide a liga e quen sabe si a categoría, visitando a un Dumbría que se podería estar xogando o terceiro posto, pois a día de hoxe está terceiro cos mesmos 44 puntos co San Román, (4º), gracias a nesta pasada xornada derrotaba aos laracheses no Municipal de O Conco, (3-2), gañándolles o golaveraxe.

 

O San Ramón celebrou por todo o alto o título de liga.

 

 

 

-Fotos : ACD San Ramón

-Texto : Xosé Búa “Pirata”