O 5 CORUÑA FUTBOL SALA CEDE OS PUNTOS NUN PARTIDO NO QUE IVÁN BUXÍA E OS POSTES EVITARON QUE PUNTUASE.

5 Coruña Futbol Sala.

Salga Culleredo 3-1 5 Coruña Futbol Sala

O comezo da segunda volta ten o mesmo inicio que a primeira para o 5 Coruña Futbol Sala. Novamente volve ceder os puntos #ante o Sport Salga Culleredo, nun partido no que o empate non fose desatinado por mor das numerosas ocasións obtidas na segunda metade polos herculinos que mesmo estrelaron 3 balóns na madeira.

Houbo unha parte para cada equipo, e a primeira delas foi de dominio local. Os de Culleredo conseguiron materializar dous tantos nas 6 ocasións de gol que xeraron, mentres que os rojillos só conseguirían materializar un gol por mediación de Brais Pena. O último minuto deste primeiro tempo supuxo un punto de inflexión no encontro. Os rojillos recbirían unha expulsión a falta de 30 segundos para o descanso que lles deixaría en inferioridade.

Como no partido anterior fronte a Lugo Salga, o 5 Coruña volvería saír en inferioridade tras o descanso, esta vez 1 minuto e medio por diante para defender unha inferioridade de 4 contra 3. Cando faltaban 10 escasos segundos para recuperar o cuarto home en pista, os locais acertaron a anotar o terceiro gol con disparo afastado.

Coa igualdade en pista e o equipo local defendendo a vantaxe obtida o 5 Coruña apropiouse das ocasións e a posesión de balón #ante un rival que se limitaba a defender e saír á contra. Os herculinos xeraron 14 disparos a gol entre os tres paus por 4 do seu rival nesta segunda metade, dos cales 3 acabarían por estrelarse na madeira. O gran traballo do porteiro local Iván Buxia logrou desbaratar o resto das accións, e evitar así que os rojillos puidesen puntuar nun encontro que mereceron máis.

En palabras do técnico do 5 Coruña, Sergi Blanco, aseguraba que este resultado non vai embazar nin tirar por terra todo o traballo realizado ata o de agora.

“O noso equipo senior masculino perdeu un partido complicado despois de varias semanas sen competir, a pesar da derrota, estamos orgullosos de seguir coa nosa idea de esforzo e compromiso, e de facer ben as cousas.”

A competición non se detén e a próxima semana o 5 Coruña recibirá ao Troula Betanzos nunha nova xornada de liga de 3ª División Nacional.

Ficha de partido

Sport Salga Culleredo:
Iván Buxia, Pazos, Charly, Braisito e Dani González – 5 inicial- Esparza, Socastro, Stefano, Óscar López, Iago Mallo, Andrés, Daniel Fernández e Javi Failde.

5 Coruña Futbol Sala:
Vituco, Hermida, Diego, Jorge Rifón e Arcas -5 inicial- Juan, Brais Pena, Casal, Nandito, Souto, Roade, Manu Ramos, Guille Galán e Ares.

Árbitros:

David Pérez

Sergio Piñeiro

Iván Enríquez

Goles:

1-0 min.7 Pazos

1-1 , min.8 Brais Pena

2-1 min.9 Pazos

3-1 min.21 Óscar López

 

-Foto e Texto : 5 Coruña Fúrbol Sala