Carballiño FS 7-8 5 Coruña FS
O Equipo coruñés precisaba vencer no Carballiño para facerse co título da Terceira División de Fútbol Sala e acadar un histórico ascenso a 2ª B de Fútbol Sala e consigueu a fazaña tras un encontro de vértigo non apto para cardíacos.
No minuto 1 adiantábanse os carballineses por medio de Antonio Prado e a reacción dos coruñeses ainda tardaba en chegar cando Pablo Martínez empataba aos 11 minutos e seu compañeiro Xoel metía o da remontada 3 minutos despois. A resposta foi rápida por parte dos locais cun tanto de Edgar, (16´), para o empate, que voltaba a desfacer un minuto despois Yerai para os coruñeses, e como o vértigo non paraba na seguinte xogada empataban de novo os do Carballiño cun tanto de David González, (18´), e na seguinte xogada penalti a favor do 5 Coruña, que transformaba Xavier Merelas. Antonio Prado repetía para os locais e para poñer unha nova igualada.
Tralo descanso Xoel poñéi de novo por diante os coruñeses, (22´), e de novo chegaba a igualada por parte do Carballiño cun tanto de Óscar Alcantarilla, (23´) e a reacción dos herculinos desta volta foi máis contundente e facían dous goles por medio de Yerai, (25´) e Iago Calvo, (29´). Era a maior diferenza do trepidante encontro e como todo seguía de vértigo acurtaban os locais por medio de David González o instante, (29´9. Xoel facía gol de novo para os da Coruña, (31´), e tres minutos despois Óscar Alcantarilla poñía o definitivo 7-8, que daba emoción e nervos ata o pitido final que supoñía o fito histórico do título e ascenso do 5 Coruña FS.
A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o 5 Coruña FS.
-Foto : 5 Coruña FS
-Texto : Xosé Búa “Pirata”