José Juan parou numerosas ocasións claras de gol.
ELCHE CF 0-0 DEPOR
Un empate que sabe a pouco e o mesmo tempo a moito. Tras unha primeira metade insulsa, sen ritmo e na que só cabe destacar un par de boas chegadas de Edu Expósito, para pasar a unha segunda na que o Depor foi máis incisivo e creou ata 10 ocasións craras de gol nas que José Juan foi a “estrela do encontro”, cas suas paradas e tamén houbo un balón o longueiro de Carlos Fernández e un par de balóns sacados baixo paus pola defensa. Tirou 20 veces a porta o equipo branquiazul, (10 antre os 3 paus). A incertidume foi ata o final debido a que o gol non chegaba e polo cansanzo eles podían enganchar unha, como nos pasou este ano varias veces. Non foi así e o final o empate soubo a moito dado que o Extremadura de Manuel Mosquera derrotaba a domicilio ao Cadiz CF, (0-1), e deixaba aos deportivistas en posto de “Play-Off”, dependendo de si mesmo ante o Córdoba o vindeiro sábado ás 20:00 horas, (18:00 GMT). Os extremeños puideron adicarlle unha vitoria a José Antonio Reyes, (D.E.P.), e reciben ao Mallorca o sábado e cunha vitoria e unha vitoria nosa poderíamos acabar 5º, pero esto é a Segunda e non hai nada feito.
O Lugo salvado
O CD Lugo empataba co Tenerife de Oltra e está salvado gracias a machada do Real Oviedo que ía perdendo por 3-2 ante o Majadahonda que mandaba o equipo lugués a posto de descenso, pero os ovetenses remontaban no 95, 4-3 e danlle a salvación en bandexa ao equipo lugués, algo do que estamos enormemente agradecidos e contentos.
TROCOS
Matías Nahuel por Borja Valle, (68´)
Vicente Gómez por Álex Bergantiños, (77´)
Crístian Santos por Fede Cartabia, (83´).
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.