O “RALLYE DE GASCUÑA 2024” DE VELA TERÁ EN MUXÍA DUAS ESCALAS UNHA DE IDA E OUTRA DE VOLTA.

 

Dende o Porte Deportivo de Muxía, “Marina Muxía” confírmannos que o “Rallye de Gascuña” 2024 terá unha escala en Muxía na sua travesía de Pornic, (Rexión de Loira), ata Baiona, e logo na volta a Pornic dende a vila pontevedresa voltarán a facer escala na Vila da Barca. O número de barcos que fan esta travesía son en torno aos 20-25.

A Muxía tamén chega cada ano a “Travesía O Camiño a vela”, que sae de La Rochelle, (Francia), porto unido coa vila muxiana o ser parada de escala, ademáis de para os barcos que van para a zona sur atlántica e Mediterraneo,  para os barcos construidos nesa localidade francesa e que van vendidos para moitos lugares do mundo.

A travesia “Rally de Gascuña 2024”, sairá de Pornic o 3 de Xullo do 2024 e chegará a Muxía o 7 de Xullo, onde permacerán ata o día seguinte e sairán cara a Baiona. Tras un par de días na vila pontevedresa voltarán a facer o camiño navegado e recalarán de novo en Muxía o xoves 11 de Xullo, para disfrutar unha vez máis do pobo un par de días máis, para sair o sábado 13 en dirección de novo a Vila Balnearia de Pornic, atravesando o Golfo de Vizcaia para rematar na vila loiresa o mércores 17 de Xullo. Todo a expensas do tempo, pois pode haber unha demora de ata 2 días, en relación cas calmas finadas, ou os fortes ventos de proa.

 

-Foto montaxe : Xosé Búa “Pirata”

-Texto : Xosé Búa Pirata