NUTRIDA PARTICIPACIÓN DE IUDOKAS DA COSTA NA “SUPERCOPA DE ESPAÑA CADETE DE IUDO”

 

Nutrida foi a participación de iudokas da Costa da Morte na “Supercopa de España de Cadetes” que se celebrou este sábado 12 de Outubro no Pavillón Navia de Vigo, (Pontevedra).

Nista competición participaron a muxiana dos Muiños, Daniela Castiñeira, único cinturón negro deste deporte na concello muxián, e os zacenses : Alejandro Blanco, Nicolas Quiñoy , así como por parte de Coristanco : Naira Blanco e Borja Villar, e por Carballo: Brais Castro e Daniel Chouciño.

Caeron todos na primeira rolda, exceptuando Nicolás Quiñoy, que caeu na segunda, e foi a repesca a cal non superou. Xa sen tempo a un respiro o vindeiro o vindeiro sábado terán a segunda volta en Avilés.

 

A coristanquesa Naira, (esq) e a muxiana Daniela, (der), nun receso do torneo.

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies