No día de onte Alfredo Santaelena pasaba polos micros do programa deportes da Radio Galega, e deixaba as craras que é moi difícil que a falla de menos dun mes para que comece a tempada na 1ª RFEF, o DUX Internacional, primeiro rival do Depor na tempada 2022/23, teña equipo para poder xogar, máis ainda, ve moi difícil que o equipo madrileño, enfrontado ca RFEF, polas obrigacións de soldos mínimos, poida competir a vindeira tempada, o que suporía o seu descenso automático.
Alfredo dixo, que ainda que lle falaron da sua continuidade o remate da pasada tempada, “non firmei nada, e a día de hoxe, non hai corpo técnico, non hai xogadores, nen hai nada”.
Dixo que o ano pasado o, “o xogador que máis cobraba, cobraba 25.000 euros en bruto, e este ano cas condicións da Federación, cun mínimo de 20.000 euros , desprazamentos, árbitros…a situación voltouse moi difícil”.
Santaelena dixo que o clube está a espera de que apareza un inversor, pero con todo eso o tempo é moi corto, para o que queda para po comezo da tempada, él mesmo falou con xogadores e aconsellounos, que “se agora mesmo poden atopar outro equipo, é mellor que busquen”, tamén dixo que do ano pasado só quedaban 7 xogadores. Dixo que o clube madrileño, “agora mesmo é un club pantasma”.
Polo tanto todo apounta a que voltaremos a vivir a situación do Extremadura do ano pasado, e non se xogará o primeiro encontro en Riazor, a menos que todo de unha volta shakespiriana.
Podería ser esta unha boa data para o Teresa Herrera se se consuma a desgraza no DUX Internacional.
-Foto : DXT Campeón
-Texto : piratasdemuxia
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR