“Mingui” ca elástica do Mazaricos.
Óscar “Mingui” adestrador do Mazaricos
Xa o comentamos esta semana, o CF Mazaricos non para de renovar xogadores, tras unha excelente campaña, na que a permanenza acadouse de maneira brilante, e disputou unha fase de ascenso na que máis ca querer ascender foi un premio para os xogadores. Desta volta o clube mazariquense infórmanos da fichaxe do novo adestrador, que non é outro ca Óscar Lema Rodríguez “Mingui”, que chega do Bergantiños FC Xuvenil, e que foi moitos anos adestrador do Cabana SD, antre outros equipos.
Os mazariquenses tamén anunciaron as renovacións hoxe de Brais e Kevin, e ademáis da fichaxe do porteiro chegado do Laracha CF, Pablo Pose, que suplirá a baixa de Iván Baña, teñen renovados a : Esteban Pereiro, Borja, e José Ángel, Chumiko, Molinos, Sandelo, Marquiños, Oscarín, e Rachón.
Vicente Carril e Cabrejo ca elástica camariñana.
Cabrejo dirixirá o Camariñas FC
Xa o comentábamos tras deixar o Fisterra, Juan Cabrejo será o que dirixa o Camariñas FC da Liga da Costa. O técnico ven de facer unha gran campaña co Fisterra, co que ademáis de acadar unha permanenza sobrada, conquistou a Copa da Costa. Cabrejo xa leva as categorías de base camariñanas e agora tratará de devolver aos camariñáns a loita por algo máis ca permanenza.
Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitar o teu negocio. Cada día en torno a 60.000 visitas.
-Foto : CF Mazaricos
-Foto : Camariñas FC Twitter
-Texto : piratasdemuxia