NOVO MERCHANDISING DE FEDERACIÓN DE PEÑAS…”PARA LUCIR AS NOSAS CORES NESTE VERÁN”.

Mascarilla da Federación de Peñas…un luxo de seguridade.

 

Dende a Federación de Peñas do Deportivo fannos chegar para coñecemento de tódolos peñistas do novo “merchandising” para disfrute de todo o deportivismo.
Toalla de praia: Medidas 1,80 x 1 m, co prezo de 25€
Máscara: custo de 7€
O tecido é unha dobre tea que comercialmente se chama neopreno, son dúas capas de tecido ensambladas nunha debido ao ligado ou estrutura do tecido, cun peso aproximado de 280 gr/m² e unha composición do 92% pes 8% elastómero. O acabado deste produto ten unha durabilidade de 25 lavados a 40 graos e garante tamén un mínimo de 5 lavados a 60 graos. Protección: é hidrófugo e antibacteriano crea unha barreira específica fronte á entrada de sangue e outros fluídos.
Transpirabilidade: sen perder propiedade de repelencia o fluorocarbono que incorpora achega transpirabilidad ao tecido. Confort: ao ter transpirabilidade despois dun uso prolongado mantén a temperatura corporal evitando a sudoración. Este produto non é un ( EPI) nin tampouco un produto Sanitario. Por iso, o seu obxectivo non é o de substituír a unha máscara de protección n tampouco a unha máscara cirúrxica, dado que non garante a protección que ofrecen estes produtos.
PRAZOS DE PETICIÓN:  Ata o vindeiro domingo 05 de xullo ás 22 h.
PRAZOS E FORMA DE ENTREGA: Finais de Xullo Para a entrega poderase facer unha recollida en man sen custo de 1 persoa por peña ou se poderá solicitar o envío. Os envíos dentro de Galicia ata 10 kg terán un custo de 7€ e resto da península 9€
PAGO: Realizarase un único pago por peña.
MÁSCARAS DO CLUB: Informar tamén que o club indicoulle a Federación que as peñas que estean interesadas en adquirir as máscaras do club, poderán facelo cun desconto do 25%, para iso terán que poñerse en contacto vía telefónica unha persoa da peña coa “Deportienda de Riazor” para facer a petición.

 

-Foto e Texto :  Federación de Peñas do RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies