NOVO MAZAZO O FÚTBOL BASE DA COSTA : 3 EQUIPOS DE PREBENXAMÍN RETÍRANSE DA COMPETICIÓN ANTES DE COMEZAR

O ED Os Miúdos “B” é un dos equipos que se retiran.

 

Cada día valoramos máis o traballo que fixeron Stevo Zas, e moitos outros coa creación das ligas de fúbol 7 primeiro, e fútbol 8 despois. Sen ser federadas, sen recibir diñeiro de ninguén traballaban a destaxo para que houbese cada vez máis equipos e que os nenos tivesen canto máis onde competir e divertirse, convivir e aprender, mellor. 

Cada ano o fútbol dos máis pequenos na costa está a sufrir máis contratempos, e parece que vai en decadencia. Equipos seminales comna o EF As Baleas, ou EMF Vimianzo, xa nin compiten, e outros históricos tamén destas categorías retítanse. Este ano as ligas de alevíns e benxamíns, son un desporpósito : 8 grupos, 4 de alevíns e 4 de benxamíns, nos que en algún grupo só hai un encontro a semana.

 

O SD Fisterra, (verde), campión de liga tamén se retira.

 

Desta volta a liga de Prebenxamíns que ía a comezar a vindeira fin de semana, ten que ser aprazada, supoñemos que unha semana ou duas, máis, dado que por escaseza de xogadores o ED Os Miúdos “B”, SD Fisterra e SCD Malpica retíranse polo que haberá novo sorteo do calendario, algo que xa se tiña que haber feito noutras categorías e non que descansen dous equipos a semana, en perxuizo dos nenos. 

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.