As rampas do “Mirador do Ézaro” estiveron abarrotadas de púbrico.
David Vaz e Thiago Fernándes leváronse os trunfos
Unha vez máis o seguimento do Gran Fondo do Ézaro foi multitudinario, tato no propio mirador do Ézaro, (Dumbía), coma nos concellos polos que discurreu a “serpe multicor”.
A proba, única en España puntuable para o mundial, foi gañada na carreira de Gran Fonfo, de 145 kms polos concellos de Dumbría, Muros, Carnota, Cee, Muxía e Muros, foi gañada polo portugués, David Vaz do club “Amigos do desporto”, e precisou 3 horas e 38 segundos. Na segunbda praza a 26 segundos do portugués chegou o cambadés, Ángel Sánchez. Completou o podio Rafael Ferreiro que chegou 18 segundos despois do galego.
Na proba do Medio Fondo de 90 Kms, o campión foi Thiago Fernándes con 1 hora 55 minutos e 15 segundos, por detrás chegou Gabriel Silva e na terceira praza Ramón Troncoso.
Dos famosos corredores que deron o seu punto a carreira, Claudio Ciappucci foi o único que amosou non haber perdido do que tivo, e chegou na 15ª posición.
Outros famosos que se deron un paseo en bicicleta pola bisbarra foron, Miguel Indurain, Óscar Pereiro, Álvaro Pino, Pavel Tonkov ou Évaristo Portela.
Novo éxito do Gran Fondo do Ézaro, tanto no de participación con máis dun milleiro de ciclistas, coma no de seguimento, e no de orgañización.
++++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es