NOVO FITO DA JUDOCA MUXIANA, LUCÍA PAZOS, SENDO CADETE ACADOU A PRATA NA COPA DE ESPAÑA XUVENIL, CELEBRADA EN CANARIAS.

Lucía, (esq), e Naira.

 

Esta pasada fin de semana a judoca muxiana de Merexo, Lucía Pazos, competía xunto ca sua compañeira de equipo Naira Blanco, na Copa de España “A” celebrado en Las Palmas de Gran Canaria, na categoría de xuvenil, sendo cadete. 

A extraordinaria judoca muxiana, gañou todos os combates por “ippon”, cedendo na final nun combate contra unha representante canaria. Lucía segue a sumar puntos para o campionato junior do 2023, estando agora mesmo antre as mellores a nivel español, dentro do seu peso.

A sua compañeira, a coristanquesa Naira Blanco, non chegaba as medallas, pero tamén fixo un bo campionato.

 

Lucía, no caixón número 2.

 

 

-Fotos : Pedro Pazos

-Texto : piratasdemuxia