NOVO EQUIPO DA 3ª DA COSTA : INTER DE BRENS A CONTINUACIÓN DA “FAMILIA”.

Os encontros do Inter de Brens serán no “San Paio de Refoxos”.

 

Tras un ano moi duro para o SD Ameixenda que non puntuou na pasada edición da 3ª da Costa 2023/24, tomouse a decisión de non continuar. O desgaste dos derradeiros anos e temas persoais fixeron que se vaia tomar a decisión, (xa está tomada e falta rectificala nunha xuntanza), non se continue, pero un grupo de xogadores e persoas que formaron parte da diretiva do equipo da parroquia ceense decidisen comezar un novo proxecto, ainda en formación, pero ca base fundamental feita, o novo equipo que xogará na 2024/25 no sitio do equipo amexeindés, o Inter de Brens.

A sua secretaria, Jacinta Mariño, que xa formaba parte do SD Ameixenda cóntanos que  : “Varios dos rapaces e de nós queríamos que esto continuase e decidimos comezar un novo proxecto”. Fíxose unha diretiva e baralláronse varios nomes :”Saeu así de imprevisto. A primeira xuntaza celebrámola en Brens e había un rapáz que era dalí, e ainda que a primeira idea era que se chamase San Paio, (coma o campo ceense no que xogarán), e logo saeu o de Inter de Brans ou Racing de Brens e quedámonos co de Inter de Brens”.

 

Javichu nun encontro co Ameixenda.

 

Tras poñer a primeira pedra ca formación da diretiva e de darlle nome o proxecto, xa se amarrou a un adestrador, que será Javichu, outro dos rapaces da casa, agora o seguinte paso será coller un segundo que se encargue da preparación física dos rapaces e tamén van a orgañizar unha xornada de portas abertas no “San Paio de Refoxos”, para invitar a unirse ao proxecto a todos aqueles rapaces que o desexen. A diretiva está traballando en tódolos procedementos para a completa formación do clube, papeleos, sponsors, roupa deportiva, etc…

A pesares de vir dunha tempada 2catastrófica”, por haber perdido tódolos encontros, e unha travesía no deserto nas derradeiras, Jacinta considera as persoas que formaban o SD Ameixenda como unha “Gran familia” : “A pesares de todo o que pasou somos unha gran familia. Non creo que ningún dos rapaces que estaban non se sentisen como na casa. Remamos todos xuntos e pasámolo mal todos xuntos ata o derradeiro intre”.

A diretiva do Inter de Brens está formada por : Juan Lagoa (presidente), Jacinta Mariño (secretaria), Cristian Canosa (tesoureiro), Javier Barrientos ( vocal), Damián Villaverde (vocal), Diego, (vocal), e Adrián Torices (vocal).

O noso desexo de un auguroso futuro para o novo equipo da costa.

 

Equipos que formarán a 3ª da Costa 2024/25 e ano de fundación :

Volantes de Baño FC, (2011)

CD Baiñas, (2012)

SD Camelle, (1982)

SD Sofán B, (Filial : 2023)

SD Oza, (?)

UD Cerqueda, (1982)

Sporting Zas, (1975)

SCD Malpica, (1973)

SCD Buño, (1964)

Sporting Seaia CF, (?)

SD Laxe, (1964)

Atlético Pereiriña FC, (2007)

CD Nantón, (1981)

Inter de Brens, (2024)

Falta saber a decisión do Bergantiños FC B, que voltará esta vindeira tempada para dar saida aos xogadores que acaban como xuvenís. Dende o clube ainda non decidiron onde queren ubicar ao seu equipo filial. Na historia da Liga da Costa o filial do equipo bergantiñán que esta pasada tempada cumpleu 100 anos, comezou a xogar na Liga da Costa na tempada 1965-66 e ata a sua desaparición. Tamén xoogaban nas ligas costeiras os seus equipos de base ata que a principios da década do 2010 decidiron cambiar para a zona norte cos equipos da Coruña. No caso de que o equipo filial dos carballeses optarán a xogar na 3º da Costa sería unha boa nova para a competición.

A 3ª da Costa como tal comezou a disputarse no 1993, tras haber dous grupos desde ó 1977 polo gran número de equipos costeiros na 2ª Rexional. Fai uns anos cando se desvirtuou totalmente esta liga, a “irmán pequena” da Liga da Costa con ligas con 9 equipos, 3 voltas, etc, a afección, equipos e xogadores, estaban dacordo en que se volvese aos dous grupos ca “irmán maior”, cousa que se obviou e que tras varios anos de desidia voltou un pouco a ser unha liga entretida. Posiblemente a pasada foi unha das mellores dos derradeiros anos, como decíamos ca chegada de dous grandes coma o Xallas e o Soneira, e nesta volven dende a Liga da Costa o Volantes de Baño, CD Baiñas e SD Camelle.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies
PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com