NOVO ATAQUE DE TEBAS AO RC DEPORTIVO O NON CONVOCALO A COMISIÓN DELEGADA DA LIGA.

 

Que Tebas e o se séquito de comparsas están buscando a maneira de que non se cumpra a lei non lle cabe ningunha dúbida a ninguén. A cada paso que dan para salvar o Fuenlabrada por intereses propios sae unha resposta contundente ca verdade que os tumba as poucas horas. A campaña mediática en contra do RC Deportivo e defendendo con bulos o indefendible, traballa a destaxo, pois de tódalas mentiras algo sempre queda.

O pseudo-xornalista Isaac Fouto, ese mesmo que comenta encontros en GolTV e do que se rín con seus comentarios de analfabeto, (con todo respecto para aos que non saben ler nen escribir), así coma Paco González, ou o Marca, difundían un retazo dun audio no que supostamente o xuiz instructor presionaba para que contestase o médico do Fuenlabrada, que borraba tódolos seus comentarios do Twitter, (que poden ser recuperados), nos que decía todo o contrario do que decían estes desinformadores, o seu clube e él mesmo que trocaba os argumentos. O xornal madrileño El Pais desvelaba no día de hoxe o audio completo no que o galeno do clube madrileño decía en ata 3 ocasións que desaconsellara o viaxe a Coruña o pasado 19 de Xullo. 

Hoxe Tebas nun acto totalitarista, déspota, e ruín, que vai en contra da lei, non convocaba ao RC Deportivo a Comisión Delegada da Liga, da que é membro, e máis delictivo ainda, tendo en conta que a tempada na 2ª División ainda non rematou dado que falla por xogar a final do “Play-Off” de ascenso a 1ª División, que terá lugar o vindeiro Domingo.

Supoñemos que o RC Deportivo impuganará a xuntanza pois tiña dereito a estar presente.

Namentres o Consello Superior de Deporte segue sn dar sinais de vida dende o 11 de Agosto que lle deu acuse de recibo o clube deportivista da sua petición de inhabilitación de Javier Tebas, que segue ca sua campaña partidista en favor do Fuenlabrada, por intereses propios, a pesares de que imcumpleu un sinfín de leis e debería estar xa descendido.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es