NOVIDADES NO DUMBRÍA, SONEIRA E AMEIXENDA.

Maki segue un ano máis no Soneira.

 

O CF Dumbría anuncianos un par de renovacións máis

O xove muxián Lucas Toba e Code tamén se apuntan a seguir un ano máis no CF Dumbría, que militará un ano máis na 1ª Galicia, na procura de voltar a Preferente. A estes dous hai que unir no traballo da secretaría técnica a na 1ª Galicia, Dani Yerva, xogador polivalente que se estreará ca elástica dumbriesa e a Xabi, Mario, Brais Fernández, o meta Ánxo, Mataso, Darío Capelo, Kanario, Pablo Paz, e Rivi, que tamén renovaron nestes días datrás.

O Soneira SD segue conformando o seu plantel

O Equipo vimiancés tamén está a renovar o seu plantel, e suma a partida do próximo curso a os dous porteiros, Javi Souto e Coke, que renovaron, así como Ivçan Noya “Maki”, e a primeira fichaxe a do lateral esquerdo Fabián, que chega do SD Castriz. Os da Terra dos Moscoso, tamén renovaron días atrás ao adestrador, Pedro Gómez, o seu segundo, Sergio “Pichón”, e os xogadores :  Pichi, Basti, Darío, Mayor, De la Sierra, Brais Pereira e Ángel.

O SD Ameixenda segue a traballar a reo no equipo para a 2022/23

O SD Ameixenda o ano pasado sufreu na 3º da Costa, en grande medida pola falla de efectivos na 2ª volta, chegando a xogar ata con só 9 xogadores, agora é un dos que máis movementos fixo nesta categoría. Como adestrador estará Javier, ao que se unen os xogadores : Crístian, Juan, Luis Capote, (chegado do Castrelo), Pablo, Chapu, Juan, Saulo, Camacho, Adán, Pikero, o meta Pablo Rivers, Andrés, Bichiño, Jesús, Crístian Caamaño, Samuel, Alexis, e Galindo. Polo tanto xa son 19 os que se apuntaron a defender a amarela dos amexeindeses.

-Foto : SD Soneira

-Texto : piratasdemuxia