NOVAS DO FÚTBOL DA COSTA : SD FISTERRA, CAMARIÑAS FC, XALLAS FC, CF LIRA, MUXÍA CF, UC CEE, CF MAZARICOS FEMININO…

Ángel Luis ficha polo SD Fisterra.

 

O SD Fisterra comeza a coller forma

Trala asemblea de socios do pasado venres na que saeu elixido como presidente, Sergio Insua Ruibo, tocou comezar a preparar o novo proxecto para a 2022/23 na Preferente. Moito traballo por diante trala marcha de varios xogadores. O primeiro en subirse a nave fisterrana foi o adestrador Ángel López, que retorna así a sua casa, despois ven a renovación do buque enseña dos derradeiros anos no Fisterra, Adrián “Makaay”. O pasado Domingo, Arrón Lobelos, tamén asinaba a sua continuidade, e chegaba a primeira fichaxe, Pape Mamadou, procedente do CF Lira, e no día de onte a dfo meta muxián, Ángel Luis.

 

O Camariñas FC comeza a sua campaña de socios

 O Camariñas FC, (Liga da Costa), comezou a sua campaña de abonos para a 2022/23 coa modalidade de Socio Xerla, co custo de 30 euros pola tempada, e a de Sosio Protector, co suto de 50 euros. No meramente deportivo o clube anunciou a volta de Brais “Chicote”, e as renovacións de Djibril e Carlos, que se unen ao adestrador Juan Cabrejo, e o corpo técnico con Pepucho, e Faus. Renovaron xa, Mouriño, Pablo Novo, Nazo, e Saviola. Ficharon tamén, o meta, Jorge e David.

 

O Xallas FC segue perfiilando o equipo

O novo presidente do Xallas FC, (1ª Galicia), Javier Silvariño, primeiro fichou ao adestrador Adrián Vázquez, e comezou as renovacións co dianteiro, Álex Blanco, que xogará por sétimo ano consecutivo no equipo xalleiro. Tamén renovaron, Jorge Colón, Adán e os metas, David Freire e Iván Couto.

 

O CF Lira apuntala o equipo

No CF Lira, (3ª da Costa), trala chegada da nova diretiva, que preside Alba Tajes, chegou a contratación do adestrador, Gabril Formoso, e as renovación foron contínuas : Alberto Balayo e Raúl de Sil, os homes de debaixo dos paus foron os primeiros, lgo chegaron as de, Ángel, Isaac, Lucas Carballo, Fran Perico, Manuel Cartami, Migueliño, Raúl Castelo, e  Xaquín.

 

Asemblea do UC Cee o mañán mércores

Este vindeiro mércores 27 de Xullo, terá lugar a Asemblea Xeral de Socios do UC Cee, (Liga da Costa), na sede do clube, sita no antigo instituto “Agra de Raices”. A primeira convocatoria da cita será ás 20:00 horas, e media hora máis tarde a segunda. Nesta xuntanza cos socios farase balanzoi económico e deportivo da pasada tempada, así coma o planeamento da 2022/23 e os rogos e preguntas dos socios.

 

Novidosa campaña de socios do Muxía CF

PREME AQUÍ, para ver a novidosa campaña do Muxía CF

 

O CF Mazaricos busca rapazas para o feminino

O CF Mazaricos busca rapazas para poder competir de saida por primeira vez na 2ª División Galega Feminina. O equipo mazariquense, ao que vimos seguindo dende a sua fundación, xogaba na modalidade de fútbol 7, e a intención é a de reforzar o equipo para poder competir en fútbol 11. Para iso animan a tódalas rapazas de máis de 15 anos e teñan gañas de xogar o fútbol, contanten con eles por medio das redes sociais, do clube, en especial pola sua canle de instagram.

 

Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitar o teu negocio. Cada día en torno a 60.000 visitas.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia