NOVAS DO DEPOR : ROLDA DE PRENSA DE SOMMA, BETO DA SILVA, BORGES, MERCADO DE FICHAXES…

ROLDA DE PRENSA DE MICHELE SOMMA

 

Michele Somma manifestou esta mañá en rolda de prensa que aínda que o equipo estea “no mellor momento da temporada, aínda non fixemos nada. Toca seguir con esta actitude, que para min é o máis importante que cambiamos para conseguir estas 5 vitorias. Tentamos agora non pararnos, seguir así, porque o máis importante é saír canto antes”.

O defensor italiano cre que “o novo adestrador, (Fernando Vázquez), ten moito mérito no cambio de actitude. Deunos tranquilidade e disciplina. Isto é o máis importante”.

Da UD Las Palmas, rival do Dépor este sábado 1 de febreiro en Riazor (18:15 horas-17:15 GMT), opina que é “un bo equipo. Pero nós agora fixámonos máis en nós. Toca seguir facendo o que estamos a facer nestes partidos. Non queremos parar. Queremos gañar estas 8 vitorias que nos quedan canto antes”.

Non quere pensar en nada que non sexa a salvación: “Agora mesmo toca pensar en gañar os 8 partidos que nos quedan para estar salvados. Fixámonos máis nisto. É o máis importante”, recalca.

Valorou positivamente Somma a iniciativa do Club de regalar unha camiseta a todos os afeccionados que acudan o sábado ao Estadio de Riazor para animar ao Deportivo: “Estamos encantados cando o Estadio está cun ambiente como o das últimas xornadas. Dános puntos. Estamos se estamos a nivel de 8, xogamos a nivel de 9 porque xogar con Riazor así nos encanta e dános moitos puntos isto”.

Finalmente, defende o central branquiazul a calidade do cadro: “Sempre dixen, desde o primeiro día, que tiñamos un bo cadro. Antes, os xogadores estaban a render a un nivel que non corresponde. Nós somos isto de agora”, insiste.

 

BETO DA SILVA RESCINDE CO RC DEPORTIVO E LONGO AS PORTAS

O Real Club Deportivo rescindiu esta tarde o contrato do dianteiro branquiazul Beto da Silva. O futbolista peruano, que militaba en condición de cedido por esta temporada no Dépor, queda desvinculado desde este momento do Club, deixando libre a ficha que posuía.

Deixa así o clube un xogador que non lle van caber na libreta os equipos polos que pasa. A “estrela fugáz”, Luis César decía que era o xogador de máis calidade do equipo pero nunca fixo o suficiente como para merecer minutos, agás unha asistencia de gol de calcáñeo a Borja Valle. Polo demáis nen ante o Illuecas foi quen de amosar ser un xogador a ter en conta. Ten xuventude e ainda pode dar moito. O noso desexo de que todo lle vaia do milloriño.

Por outra banda Samuele Longo, (le llaman el desaparecido, diría Manu Chao ), parece estar moi preto de irse a Ponferradina que perdeu neste mercado de inverno a Isi. Tamén preguntou e interesouse por él o Tenerife, equipo no que xogou e deixou bos recordos.

 

CELSO BORGES, PRETO…PABLO INSUA, LONXE

Celso Borges xa lle comunicou ao equipo turko do Göztepe, que o seu desexo é voltar a Coruña. O equipo turko ata o de agora era reticente a deixalo ir, pero tampouco quer un xogador descontento na plantilla, polo que se comenta e agora ca praza de extracomunitario libre ca marcha de Beto da Silva, as cousas póñense de cara para a sua volta. Por outra banda Pablo Insua admiteu visiblemente decepcionado que non virá o Depor. O de Arzúa meteu da sua parte para voltar pero o Huesca en verbas do seu director deportivo e o seu presidente dixeron que non se ía a ir do clube. Todo pode pasar ata o peche do mercado, pero tamén a mellora visible de Montero no equipo da man de Fernando Vázquez fai que non sexa de máxima prioridade a chegada dun central. Agora mesmo o Depor é o equipo menos goleado da segunda volta. En 4 encontros recibeu tan só 1 gol.

Non se descarga que haxa algunha sorpresa de última hora, se non se concretan estas fichaxes, xa que para elas hai un “Plan B”.

 

 

O RC Deportivo segue na procura de incentivar os ánimos dos afeccionados e se fai un par de semanas poñía entradas a 5 euros para poder ver os dous encontros seguidos en Riazor os cales se saldaron con vitoria e co campo cas bancadas repletas, desta volta hai dous incetivos, ademáis do principal que é estar a carón do equipo.

Un deles son as entradas a 10 e 15 euros, (estase a pagar en algúns campos en Preferente antre 5 e 8 euros), e o outro é que cada afeccionado que entre en Riazor será obsequiado cunha camiseta azul con duas franxas brancas co lema “Pódese”.

As camisetas será entregadas o pasar or tornos, na mesma entrada e haberá talla neno e adulto. Dende o clube piden que se entre con tempo no estadio para evitar aglomeracións e que se vista a camnisetapararecibir o equipo.

O encontro que terá como visitante ao UD Las Palmas comezará ás 18:15 horas(17:15 GMT), e tamén hai que decilo, os principais alicientes para estar en Riazor son un escudo e unhas cores. Por so non debes faltar…Forza Depor sempre!!!.

 

ABERTO O PRAZO DE RESERVA DE ENTRADAS PARA ALCORCÓN

A Federación de Peñas Deportivistas abreu o prazo de reserva de entradas para o encontro do Depor ante o Alcorcón do Domingo 9 de Febreiro ás 12:00 horas, (11:00 GMT). Terán un prezo de 20 euros. O prazo será ata o vindeiro martes 4 de Febreiro e só serán para peñistas. Haberá bus de balde para todos aqueles que o desexen previa inscripción. O bus sairá o mesmo día do partido a 01:00 horas dende as inmediacións do Estadio de Riazor e a volta será tralo encontro.

 

-Foto camiseta e vídeo : RC Deportivo

-Texto Somma : RC Deportivo

-Foto Somma e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.