NOVAS BREVES : FELIPE CACHARRO NOVO ADESTRADOR DO CD MUROS.

 

Felipe “Cacharro” novo adestrador do CD Muros

Tal e como nos informan dende o CD Muros, Felipe Cacharro é o elixido para dirixir ao CD Muros a vindeira tempada no eido de David González “Bibi” que fixo historia co clube tras refundarse fai duas tempadas, ascendendoi na primeira e aguantando esta pasada tempada o equipo na Liga da Costa. Felipe Candame “Cacharro”, volve pois a dirixir na sua terra onde xa triunfou no equipo muradán, (daquela SD Muros), a finais da primeira década do 2.000, chegando a ser subcampión da Liga da Costa e caer en semifinais da Copa da Costa nos penaltis. 

 

O Muxía CF segue sen diretiva

Unha semana deron de prazo na asemblea de socios do Muxía CF para presentación de candidaturas. Juan José Busto que xa estivera na anterior diretiva xa presentou a sua, que buscará a continuidade do proxecto se acaba sendo presidente.

 

+++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es