Manu Sánchez renovado co Deportivo Feminino
Manuel Sánchez García (A Coruña, 29 de outubro de 1978) e o Real Club Deportivo chegaron a un acordo para a ampliación do seu contrato como adestrador do Deportivo ABANCA por tres campañas máis, até a conclusión do curso 2022-2023. Manu Sánchez dirixe ao Deportivo ABANCA desde a súa creación ao comezo da Temporada 2016-2017. O técnico coruñés acumula 163 encontros nas súas 4 campañas no banco branquiazul, 105 de carácter oficial e 58 amigables. A lista de encontros oficiais divídese en 21 en Primeira Iberdrola, 78 en Segunda División Nacional, 2 en Copa da Raíña e 4 en playoff de ascenso a Primeira Iberdrola.
Kenni Thompson nova fichaxe do Deportivo Feminino
Kenni Louise Tohmasia Thompson (Illas Bermudas, Reino Unido, 1 de decembro de 2000) converteuse hoxe en nova xogadora do Dépor ABANCA para a próxima temporada, a quinta incorporación branquiazul para o próximo curso. A xogadora de banda zurda, formada no Cornellá, Barça e Sant Gabriel, procede do RCD Espanyol de Barcelona, onde recalou após militar dúas temporadas no Chelsea. Co primeiro equipo perico debutou en Primeira Iberdrola en Abegondo no partido inaugural da Temporada 2019-2020. A fichaxe de Kenni únese as de Stephannie Blanco, Noelia Bermúdez, Helena Torres e Ainoa Campo, ademais das renovacións de Sullastres, Peke, Athenea, Cris, Alba Merino, Noelia Villegas, Carlota Sánchez, Sara Álvarez e Patri López.
Rolda de prensa da nova xogadora do Deportivo Feminino, Ainoa Campo
Acabouse a tempada para Uche Agbo
.
-Fotos e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.