NOVAS BREVES DO RC DEPORTIVO : SORTEO MAÑÁN DA 2ª DIVISIÓN 2024/25…TERESA HERRERA…HUGO NOVOA…

O Depor ascendeu como campión de campións da 1ª REF.

 

Sorteo da 2ª División 2024/25

Mañán pola mañán, (todo apunta a que ás 13:00 horas como foi o da 1ª), terá lugar na sede da RFEF o sorteo da 2ª División 2024/25, a que chaman Liga Hypermotion. Un total de 22 equipos disputarán dende a fin de semana do 16-17-18 de Agosto un total de 42 xornadas, que rematarán en torno ao 1 de Xuño do 2025, e un par de semanas máis aos que lles toque os Play-Off de ascenso a 1ª División, (a que chaman LaLiga EA Sports). O sorteo poderá verse en direto pola canle de YouTube da RFEF

 

 

Estes, (antre eles o Depor), serán os 22 equipos que entrarán no bombo para sortear o calendario. Moitos medios consideran a tempada que temos por diante como a mellor da historia pola grande cantidade de equipos que hai que formaron parte da 1ª División, equipos con títulos varios deles, tanto a nivel nacional coma internacional :

Depor, Albacete Balompié, UD Almería, Burgos CF, Cádiz CF, Córdoba CF FC Cartagena, CD Castellón, SD Eibar, Elche CF, CD Eldense, Granada CF, SD Huesca, Levante UD, Málaga CF, CD Mirandés, Racing de Ferrol, Racing de Santander, Real Zaragoza, e Real Oviedo.

 

O Teresa Herrera podería ser plenamente español e en dous días

Segundo apuntan varios medios, o Teresa Herrera que se xogará unha semana antes de que comece a liga, podería ser de maneira cuadrangular os días 9 e 10 de Agosto, e xa se apunta oficiosamente que participarían o Depor, Unionistas de Salamandca, Real Oviedo e CD Leganés. Polo de agora o club non informou de nada.

 

Hugo Novoa nas miras do Depor

Segundo unha información de La Voz de Galicia, Fernando Soriano estaría negociando co Leizipg alemán a volta ao equipo deportivista do lateral dereito, 8tamén pode xogar de extremo), Hugo Novoa. Xogador de 21 anos que esta tempada estivo cedido no Villareal B e que tiña unha opción de compra por 3 millóns de euros, que non fixo efectiva o baixar o filial alacantino.

 

Mañán mércores Xunta Extraordinaria de Accionistas

Mañán mércores 26 de Xuño terá lugar a Xunta Xeral de Accionistas da Sociedade con carácter de Extraordinaria, a celebrar no Estadio de Riazor e de maneira telemática, en primeira convocatoria, ás 09:00 horas e en segunda o xoves. Nesta xunta o clube quedará oficialmente con “débeda cero”, dende o 1 de Xuño e pro primeira vez na historia, tras superar o concurso de acreedores cunha antelación de 24 anos.

 

-Foto : El Periódico Mediterraneo

-Texto . Xosé Búa “Pirata”