NOVAS BREVES DO RC DEPORTIVO : “MAX SVENSSON O PRIMEIRO EN DESPEDIRSE DO CLUBE E A AFECCIÓN”…RUMORES…PLANTILLA…

Svensson gañouse a afección co seu bo facer.

 

Trala debacle deportiva que fará que un ano máis teñamos que estar nesta pseudo liga, que a RFEF vendeu como a nova galiña dos ovos de ouro e que no orgañizativo non deixa de ser máis ca Liga da Costa, pero con algúns campos con menos espectadores. Agora chega o tempo de rumores e de despedida. 

A primeira foi a de Max Svensson, un rapáz que nos gañou a todos pola sua entrega e disposición, sen dar nin o máis mínimo problema, a pesares de ter que aguantar a xente coma o “Orador”, que xa sabemos todos como tratou a varios rapaces, ainda que cpon él ainda foi bastante bo en cuestión de minutos, as veces moitos menos do merecido tras bos partidos. 

Svensson manifestaba nas suas redes socias : 

“Queridos deportivistas :

Non quería que chegase o momento da despedida sen conseguir o obxectivo que todos desexabamos a principio de tempada. Quería dar as grazas a todas as persoas do staff e a todos os meus compañeiros. Fixeron sentirme como na casa, axudáronme a crecer e permitíronme vivir unha experiencia inesquecible.

Tamén quería dar as grazas á afección, que estivo apoiándonos en Riazor e en todos os desprazamentos. Unha afección que é de Primeira. Sentinme moi querido por todos vós. Foi un pracer pertencer esta tempada ao RC Deportivo.

Vou coa conciencia tranquila de dalo todo por este club, por este escudo e por esta camiseta. Estou convencido de que este equipo volverá onde merécese máis pronto que tarde.

Moitas grazas a todos.

Van vernos volver!”.

 

Xa comezan os rumores do “mentideiro deportivo”

Tampouco tardou moito a circular o “mentideiro deportivo”, ben e certo que a base de poñer xogadores con equipos, algún acertará e dirá aquelo de : “xa o dixen eu…”.

Pois ven, pola mañán Quiles íase o Tenerife, e pola tarde o Albacete. Pola mañán Yeremay íase o UD Las palmas, e pola tarde o Villareal B. Trilli xa leva tempo asinado pola Real Sociedad…ou eso din.

A verdade segura…Quiles pode irse a onde queira pois se ascedésemos xa renovaba por unha tempada máis automaticamente, agora él pode elixir, como se quer seguir aquí. Yeremay e Trilli son xogadores do RC Deportivo, se este non di o contrario e os quer vender, pois ambos renovaron o pasado ano ata 2024.

 

-Así queda a plantilla do Depor neste intre-

Finalizan contrato

Lapeña, Antoñito, Edu Sousa e Bergantiños, (este como xa é sabido, estará ata que él queira).

Estaban cedidos e vanse

Max Svensson, Rubén Díez, Pepe Sánchez, Raúl Carnero e Alberto Quiles.

Con contrato

Ian Mackay, (2024),  Lucas Pérez, (ata que o clube queira), Jaime, (2024); Trilli, (2024); Retu, (2024); Víctor Narro, (2024), Isi Gómes, (2024); Mario Soriano, (2024), Roberto Olabe, (2024), Yeremay Hernández, (2024), Kuki Salazar, (2024), Saverio, (2024), Arturo, (2024), Dani Barcia, (2024), Diego Villares, (2025), Lebedenko, (2025).

 

Renovado Brais Val ata 2024

Brais Val amplía a súa vinculación co RC Deportivo ata 2024. Brais (Vigo, 2002), que formou parte do xuvenil campión de España e esta tempada ascendeu a Segunda Federación co filial, chegou a Abegondo en idade xuvenil procedente do Valencia.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies