Lorena Reina nova incorporación do feminino
Lorena Reina Herrera (Madrid, 7 de xaneiro de 1997) é nova xogadora do Deportivo ABANCA para a Temporada 2022-2023.
A defensa madrileña, que pode actuar como central ou lateral, provén do Real Oviedo Femenino, co que a pasada campaña xogou 10 partidos, 5 deles como titular, no mesmo grupo Norte de Reto Iberdrola no que competiu o Dépor ABANCA. O curso anterior, no mesmo conxunto e na mesma categoría, Lorena participou en 16 encontros, todos de inicio.
Contra o Unionistas no “Emma Cuervo”
A LXXI edición do Trofeo Emma Cuervo, un dos decanos do fútbol internacional xunto co Teresa Herrera, xa ten data, hora e participantes. RC Deportivo e Unionistas de Salamanca disputarán o prestixioso trofeo, organizado polo Ribadeo FC, no Campo Municipal Pepe Barrera, o sábado 20 de agosto a partir das 18:30 h.
Como o resto de partidos de pretemporada do Deportivo, dentro da Dépor Xira Integral Motion, o encontro retransmitirase en directo a través da canle oficial de Youtube do Club: www.youtube.com/rcdeportivo grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.
Tomé ca cinta branca na cabeza.
Falece José Tomé ex xogador e ex diretivo
Pedro Tomé Alonso (Teixeiro, 30 de abril de 1930), exxogador e exdirectivo do RC Deportivo faleceu no día de hoxe na Pobra do Caramiñal aos 92 anos. Formado no Deportivo Xuvenil, foi membro do primeiro cadro durante Deportivista durante dúas temporadas en Primeira División nas que disputou dous partidos de Copa del Generalísimo contra o Valladolid na eliminatoria de oitavos de final (6-2 para os casteláns na ida o 17 de abril de 1952, e 3-3 na volta en Riazor o día 20 do mesmo mes). No ano 53 asinou pola Cultural Leonesa en Segunda, onde xogou 26 partidos e após o paso sen sorte polo Valencia en Primeira e o Oviedo en Segunda, completou a súa carreira no San Fernando, antes de pór punto final no Racing de Ferrol na Temporada 1957-1958.
Coetáneo no seu salto ao primeiro equipo de Arsenio Iglesias, xogaba sempre como o seu ídolo Pedrito cun pano na cabeza que o distingue en todas as instantáneas cedidas pola súa familia ao arquivo do RC Deportivo.
Após deixar o fútbol con 27 anos, foi membro da directiva de Antonio González durante máis de tres lustros, sendo parte do equipo reitor que recibiu o 26 de agosto de 1972 a doazón de Pedro Barrié de la Maza do piso da praza de Pontevedra, 19 1º no que, desde entón, atópase a sede social do Club.
Venres sortease o calendario da 1ª RFEF
Este venres 22 de xullo ás 12:00 terá lugar no Salón Luis Aragonés da Cidade do Fútbol de Las Rozas o sorteo do calendario de Primeira Federación, retransmitido en directo polas canles oficiais da RFEF.
A liga regular ida e volta, en formato asimétrico do mesmo xeito que a temporada pasada, arrincará a última fin de semana de agosto, concretamente o domingo 28, e concluirá o 28 de maio de 2023.
Ao recuperarse o playoff de ascenso a ida e volta, as datas elixidas son 4 e 11 de xuño para as semifinais; e 18 e 25 de xuño para as finais.
A eliminatoria entre os campións dos dous grupos, xa ascendidos a Segunda División, co obxecto de dirimir o campión da categoría será tamén a ida e volta o 4 e 11 de xuño.
-Foto Lorena : RC Deportivo-Foto
-Tomé : arquivo RC Deportivo/Familia Tomé
-Texto : piratasdemuxia/rcdeportivo.es