NOVAS BREVES DO RC DEPORTIVO : FRAN E VALERÓN VOLVEN A CASA, NOVO TEPE EN RIAZOR, DAVID SUÁREZ NOVO FABRILISTA…

 

Fran e Valerón volven a casa

Ainda que o clube non o fixo oficial, todo apunta que no día de hoxe, ou nesta semana, Fran e Valerón volven a traballar para o RC Deportivo. O de Ribeira farao como responsable da dirección do fútbol base e o canario como adestrador do Fabril, no que terá a seu carón como segundo a Manuel Pablo e con eles tamén volve Luis Fandiño, que estivo no equipo fabrilista con Cristobal Parralo.

 

David Suárez novo xogador do Fabril

David Suárez Cárdenes (Teror-Las Palmas, 13 de novembro do 2000) convértese en novo xogador do Fabril para a próxima temporada. 

O central canario pasou polo fútbol formativo da UD Piletas, o CD Daniel Carnevali e a UD Las Palmas. Na etapa xuvenil, David uniuse ao Xuvenil Nacional da UD Guía, como paso previo a recalar no Girona FC, o Levante UD e CF Rayo Majadahonda.

David Suárez tamén formou parte das Seleccións Canarias sub 16 e sub 18, coas que participou no Campionato de España de Seleccións Autonómicas e a Copa do Atlántico, onde foi elixido o segundo mellor xogador do torneo.

Durante a súa primeira campaña como sénior, o defensa terorense vestiu a camiseta do CD Arenteiro, club co que disputou 23 partidos na Terceira División galega, 20 deles como titular, anotando un tanto.

 

Novo tepe en Riazor

Unha vez concluída sobre o terreo de xogo a Temporada coa disputa o pasado venres do Dépor-Fuenlabrada, o Real Club Deportivo iniciou onte pola mañá os traballos de rexeneración e mantemento do céspede de ABANCA-RIAZOR, habituais cada verán entre campañas.

Desde este momento, os técnicos de mantemento e os xardineiros procederán á redución de materia orgánica morta mediante máquina Gradene, escarificado para minorar a densidade de planta, picado oco, arenado, aplicación de abonos e semente, veo de area e picado macizo. Estes traballos prolongaranse durante tres días máis e necesitan de boa parte do que resta de verán para consolidar resultados.

 

-Foto : piratasdemuxia.es

-Texto : piratasdemuxia.es/RC Deportivo.