NOVAS BREVES DO RC DEPORTIVO : DONCEL NON CONTINUARÁ NO DEPOR.

 

Carlos Doncel deixa de ser deportivista

O RC Deportivo informa que Carlos Doncel non continuará no Depor. O xogador que chegou dende o Real Valladolid deixa así de ser xogador deportivista. O xogador catalán amosou nesta pasada tempada máis sombras que luces, pero tamén hai que dicir que non tivo nunca a continuidade necesaria para destacar. O seu destino parece ser o UD Logroñés.

 

Depor-Real Madrid Castilla cuarto amigable

O cuarto amistos da Dépor Xira Integralmotion 2022 xa ten data, lugar e rival. Será o sábado 6 de agosto a partir das 19:00 horas no campo municipal de Cantarrana en Viveiro.

O Real Madrid Castilla e o Dépor enfrontaranse por segunda pretemporada consecutiva nun campo xa clásico nos últimos veráns branquiazuis. Tamén, como en todas esas visitas a terras lucenses, coa retransmisión en directo por parte da canle oficial de Youtube do Club: www.youtube.com/rcdeportivo grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.

Polo momento, os partidos confirmados da pretemporada do Dépor 2022-2023 son:

Atlético Arteixo-RC Deportivo, sábado 23 de xullo, 19:30 h., Ponte dos Brozos (Arteixo)

Racing Villalbés-RC Deportivo, sábado 30 de xullo, 18:30 h., A Magdalena (Vilalba)

RC Deportivo-SD Ponferradina, mércores 3 de agosto, 18:30 h., A Magdalena (Vilalba)

RC Deportivo-Real Madrid Castilla, sábado 6 de agosto, 19:00 h., Cantarrana (Viveiro)

Todos os partidos en directo a través de: www.youtube.com/rcdeportivo grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.

 

Laura Fernández renova no Deportivo Feminino

Laura María Fernández Borge (Medina de Rioseco, Valladolid, 12 de abril de 1992) ampliou o seu compromiso co Deportivo ABANCA por unha temporada máis.

No seu primeiro curso nas filas branquiazuis, Laura participou en 22 partidos: 20 (11 como titular) en Reto Iberdrola, 1 de playout e 1 de Copa da Raíña, nos que totalizou 6 goles, todos no campionato ligueiro.

 

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia