O meta Daniel Bachmann perderase 3 meses por grave lesión
As alarmas saltaron cando o meta austriaco Damiel Bachmann aparecía na grada de Riazor con muletas o pasado sábado no encotro ante o Almería. Na rolda de prensa post-encontro Antonio Hidalgo deixaba entrever que a cousa parecía seria o decir que foran nun choque nos sdestramentos con Chouri e que sentira molestias nun xiro do xeonllo. Hoxe o clube sacaba o parte médico e as cousas eran o que se temía, ainda que algo menos pero grave:
“As probas médicas ás que foi sometido Daniel Bachmann confirman unha rotura parcial do ligamento externo do xeonllo esquerdo.O gardameta austriaco inicia un período de inmovilización e descarga de articulación para, posteriormente, pasar á fase de recuperación cos fisioterapeutas e readaptadores do Club.O período de recuperación estimado non será inferior a 10 semanas”.
A espera do parte médico de Ximo Navarro e sumando baixas
Se xa está confirmada a baixa segura para a lo menos 3 meses de Daniel Bachmann, agora falla saber o diagnóstico de Ximo Navarro que o pasado sábado pideu o troco o instante tras unha xogada na que gaña liña de fondo e queda tirado a carón da meta de General. Antre a afección os temores foron grandes sabida conta que viña dunha lesión que lle impideu facer a pretempada o que non quita de que estaba a gran nivel.
Lucas Noubi e David Mella
Lucas Noubi que o sábado colleu a banda en detrimento de Ximo, foi convocado pola Selección Belga Sub 21 para medirse a Gales o venres 10 de outubro en terras galesas e o martes 14 a Dinamarca en Béxica olo que non estará para visitar co Depor a Rosaleda. Outra baixa para Málaga, (Domingo 21:00 horas/20:00 GMT), podería ser a de David Mella que se xogará mañán martes o pase a cuartos do Mundía Sub 20 de Chile no que se enfrontará a Ukrania a partires das 21:30 horas, (española). De pasar será unha baixa máis.
Rivais descoñecidos para a Copa do rei e Copa da Raiña
O Dépor enfrontarase á UD Sámano na primeira eliminatoria da Copa del Rey, segundo o sorteo celebrado este mediodía na sede da RFEF. O conxunto cántabro milita no grupo 1º de Segunda Federación, o mesmo que o Fabril, e marcha na última posición con 1 punto. A eliminatoria, a partido único, xogarase no campo de fútbol de Vallegón o 28, 29 ou 30 de outubro.
O Guiniguada Apolinario CD medirase ao Deportivo ABANCA na terceira eliminatoria da Copa de la Reina, segundo o sorteo realizado esta tarde na sede da RFEF. O conxunto de Las Palmas de Gran Canaria milita no grupo 3º de Segunda Federación. Marcha, con 8 puntos, na 7ª posición. A eliminatoria, a partido único, xogarase en Canarias por ser o Guiniguada Apolinario CD club de inferior categoría. As datas elixidas para esta rolda son o 4, 5 ou 6 de novembro.
A Venda entradas para Málaga
Están á venda na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) 239 entradas sobrantes para o partido deste domingo 12 de outubro ás 21:00 horas na Rosaleda ante o Málaga CF, correspondente á 9ª xornada de LaLiga Hypermotion. As localidades teñen un prezo de 25 euros e quedan limitadas a 2 localidades por abonado. Será obrigatorio presentar o abono e o DNI do abonado.
O prazo límite para a retirada das entradas será o mércores 8 de outubro ás 18:00. O horario da OAD é de de 9:15 a 13:30 horas e de 15:00 a 18:00 horas.
-Fotos : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo