Coma tódolos anos por este tempo irémosvos traendo tódalas novas que nos envían os clubes, (e os nosos colaboradores), sobre os seus movementos nesta época estival. Iremos poñendo aquelas novas que nos mandan as diferentes canles de ontacto conosco, (correo, tlf, whatsapp, etc), ou nas que nos etiquetan nas suas redes sociais, para que non haxa aquelo de que : “poñedes duns e doutros non”, polo que durante o día podedes entrar de novo na noticia, xa que iremos actualizando cas que nos vaian chegando.
FÚTBOL
Chiki e Rachón recalan de novo no CF Mazaricos.
CF Mazaricos, (1ª Galicia G2)
Como xa vos anunciamos o sábado, o CF Mazaricos seguirá competindo tras haber acordo e xuntanrse un grupo de varios dos rapaces que xa estaban na diretiva sainte e un grupo de xogadores e ex xogadores, (AQUÍ A NOTICIA). Xa comezaron a traballar no primeiro equipo e as renovacións de Borja, José Ángel, Pereiro, Estéfano e Ricardo, temos que unir a volta de Chiki que o ano pasado non pudo estar co equipo por motivos de estudios, cunha zurda de gran calidade e a de Rachón, lateral ou interior zurdo con moita chegada, que ven dende o Volantes de Baño CF. Un rapáz que retorna o equipo da sua casa para fortalecer un proxecto que o que pretende é recuperar as vellas esencias de contar con xente da casa : “cantos máis mellor”.
CF Dumbría, (1ª Galicia G2)
O equipo ficha a Brais, xogador que xa estivo na entidade e que o califican como un : “xogador que asombrou ca sua destreza e habilidade, ficha para volver a demostrar todo o xogo que leva nas suas botas. Confiamos en tí, seguro que este ano O Conco desfrutará cas tuas xogadas”. Ademáis os dumbrieses renovaron a Mario, Xabi, Gusa, Mataso, o meta Ánxo, o coordinador de base, Óscar Léis, a Darío Capelo, David, Rivi, Marcote, Kanario, e a Pablo Paz. No referente as baixas a de Diego Cespón.
Bergatiños CF, (3ª División)
Miguel Ángel Duque seguirá no Bergan a próxima temporada. O xove dianteiro coruñés, de 23 anos, pecha o capítulo de renovacións do noso novo proxecto. Duque chegou a Carballo a pasada campaña, despois de vivir a su primeira experiencia en Segunda B no Rápido Bouzas, e non tardou en facerse co posto de “9” no once do primeiro equipo. Lemos confía plenamente no futbolista, que pode actuar en toda a fronte de ataque. “Estou contento pola renovación e emocionado polo proxecto que teñen entre mans o club e o míster. Xa hai moitas ganas de empezar a traballar para sacar adiante con éxito o ano que nos espera”.
Borja Cabanillas non seguirá no Bergatiños a próxima temporada. O centrocampista -que chegou a Carballo a finais de xaneiro procedente do Azuqueca, de Guadalaxara- será una baixa importante no noso novo proxecto, logo de destaparse no seu curto paso polas Eiroas como un dos xogadores con máis clase e calidade do equipo e mesmo de toda a Terceira. O club agradécelle ao futbolista : “o traballo, compromiso e profesionalidade demostrada nos meses que estivo con nós e deséxalle toda a sorte no futuro”.
SD Fisterra, (3ª División)
Causa baixa no clube fisterran o xove meta Jorge ao que o clube considera : “un porteiro con muito futuro deixa as nosas filas, gracias pola tua entrega polas nosas cores. Esperamos que os nosos camiños voltarán a cruzarse”. Conta na portería o clube fisterrán cos metas Ramón Rodríguez ex do Deportivo Xuvenil, Fabril, e Lemos e a de Julián Couto chegdo do Xallas FC, dous metas de gran nivel.
CF Lira, (Liga da Costa)
Segue a perfilar o equipo o CF Lira para a vindeira tempada e despois da fichaxe de Juan de Caldebarcos, centrocampista procedente da SCDR Esteirana, chega o meta Alberto Sestayo “Furonciño”, e as renvacións de Eloi Serrano e David Pais. No capítulo de baixas anúnciannos a de Toni de Muros, despois de 3 tempadas no clube.
SCDR Esteirana, (Liga da Costa)
Comeza a moverse a SCDR Esteirana na formación dun novo proxecto para a 2020/21 e faino cunha nova boa e unha mala. A boa a fichaxe do xove e talentoso dianteiro Berto e a mala a marcha do excelente porteiro MJ, ao que dende o clube esteirán lle desexan o mellor e que : “As portas sempre as terás abertas, o Xosé Luís Vara sempre será a túa casa!”. Segundo nos comentan o meta esteirán estaría moi preto de asinar por un equipo da costa de Preferente, cousa que ainda non podemos confirmar.
CF Lira, (Liga da Costa)
Despois das fichaxes de Juan de Caldebarcos, Alberto Sestayo “Furonciño”, e as renvacións de Eloi Serrano e David Pais, o equipo “liracho” anuncianos as renovacións de Óscar Rey, Yeray e Thiago Brazuka e a incorporación de Pri. No capítulo de baixas anúnciannos a de Toni de Muros, despois de 3 tempadas no clube.
SD San Lorenzo, (Liga da Costa)
Santi Cambón deixa de ser adestrador dos de Berdillo e despideuse cunha emotiva carta de agradecemento a tódolos que forman o SD San Lorenzo que publicamos en piratasdemuxia.es en exclusiva e que podes ler premendo AQUÍ.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/Colaboradores
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.