NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA :

 

Rober “Pladur” ó SD Soneira

Un dos homes máis imprtantes do SCDR Esteirana nos derradeiros anos, Rober “Pladur”, deixa o clube esteirán tras proclamarse campion da “LVI Copa da Costa” e recala no SD Soneira para seguir xogando na 1ª Galicia G2, na que o ano pasado estivo co equipo da sua terra. Os vimianceses suplen así a sensible baixa de Aarón de Muros que saeu cara o SD Fisterra.

 

Asemblea do SD Ponteceso

Mañán vernes 12 de Xullo terá lugar a Asemblea de Socios da SD Ponteceso, (Liga da Costa), que terá lugar no Bar Cruce dende ás 20:30 horas. Os temas a tratar son : Resultado das contas da tempada pasada, proxecto e presupesto para a 2019/20, memoria de actividades deportivas e rogos e preguntas. Dende o clube animan aos socios a acudir a cita de grande interese para a entidade.

 

O Xallas FC segue reforzándose

O Xallas FC, (Preferente Norte) segue a traballar a destaxo na confección da plantilla para a vindeira tempada. Comezou polos adestradores Adrián e Juan, para logo renovar a Álex Blanco, Baba, Carlos, Doro, Jacobo, Julian, Koke, Marcos, e Peke e as fichaxes de Lagoa, chegado do SD Coristanco, Marcos Mouro que volve o clube tralo seu paso polo CF Dumbría e o derradeiro en chegar no día de hoxe, Borja Gándara, que chega do SD Buño da Liga da Costa e que xa estivera no equipo xalleiro.

 

Aarón do SD Soneira ao SD Fisterra

Salto de categoría de “Aarón de Muros” do SD Soneira da 1ª Galicia G2 a Preferente Norte nas filas do SD Fisterra. Unha perda sensible para os vimianceses e un reforzo de luxo para os fisterráns, dos que en anteriores brves da costa xa vos demos tódolos seus movemento e que perden a Bruno que se enrolou nas filas do UC Cee da 3ª da Costa.

 

Bruno Romero ao UC Cee

Son moitos os movementos que vos fomos dando do UC Cee, o derradeiro o xove meta ex do CF Dumbría, Carlos e agora veñen de fichar a unha das “xoias” do fútbol da costa,o fisterrán Bruno Romero que deixa a SD Fisterra despois dun ano extraordinaro e busca un fútbol e unhas desprazamentos máis cómodos nas filas do UC Cee que buscará o ascenso a Liga da Costa da que é un dos míticos.

 

Sergio de “Agranzón” adestrará ao CF Castrelo

O muxián Sergio de “Agranzón”, que o ano pasado dirixeu ao UD Corcbión, seguirá na 3ª da Costa pero troca de aires e pasa da costa ao interior no que se fará cargo de un CF Castrelo que como vos anunciamos en anteriores “breves da costa” reforzouse moito e ben e no que Luis Roget, o xogador máis veterano do fútbol federado da costa seguirá un ano máis.

 

O SD Camelle non atopa que o colla

Na xuntanza que tivo lugar no “Campo do Rodeiro”, en Camelle, non apareceu ninguén que se quixera facer cargo do SD Camelle. Rubén Pose, en espera de que apareza alguén, dou unha semana máis de prazo que acaba este sábado, a ver se aparece alguén que queira facerse cas rendas do clube. Hai quen está a tentar convencer de que non se perda o clube, pero non houbo ningún movemento.

 

Torneo Feminino en Mazaricos

Chéganos dende o CF Mazaricos a nova da orgañización dun torneo feminino de fútbol 8 orgañizado en colaboración do Concello de Mazaricos, Deputación da Coruña e da empresa local “González”. Unha nova experienza no clube mazariquense e que terá lugar o 24 de Agosto e para o que está aberto o prazo de inscripcións. Tedes toda a información na foto que nos fan chegar :

 

 

Outras novas breves anteriores : PREME AQUÍ.

AVISO

Nesta sección só poñemos novas dos clubes que eles mesmos, ou algún, xogador, adestrador ou afeccionado nos mandan. Non queremos que se pense que poñemos as noticias duns clubes e doutros non.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es