Aquí tedes un pouco do que nos chegou durante esta pasada fin de semana en equipos que tiveron movementos.
Movementos no Volantes de Baño
O Volantes de Baño FC, (Liga da Costa), trala chegada ao banco de Daniel Suárez “Chicho”, anunciabanos as renovacións de : Pesco, Pablito, Kevin, Isma,Alex de Yi, Óscar Rey, Iago, David, Santi, Tiko, Kike Paluca e as fichaxes de, Rodri Creo, desde a Esteirana e David Outes, que volta tras experimentar no Voley-Ball, así como as derradeiras, o meta, Xaquín, dende Louro, e Manu de Yi, que chega dende o Lira, e Aarón Gómez, canteirán do Outes, que pasou tamén pola base do Bertamiráns e CD Lugo.
O novo SD Fisterra segue a ampliar a plantilla
O SD Fisterra, (Preferente Norte), segue a preparar a 2022/23, tras ter o final da pasada a baixa de moitos xogadores e o corpo técnico. Como xa vos vimos contando, o novo adestrador é Ángel López, e renovaron : Adrián “Makaay”, Aarón Lobelos, e Andrés Vigo, e ficharon a : Pape Mamadou, o meta muxián, Ángel Luis, a Iker, que volve a casa, Toni de Muros, que chega do CF Noia, Jano, que chega dende o Volantes de Baño CF, Julito, que volta tralo seu paso polo Xallas, Diego Mirón, procedente do Taragoña, e o meta Aarón Casais, que procede do Umia, e que foi o derradeiro en embarcar. Tamén se completou o corpo técnico e Ángel López, terá como segundo a Isidro “Homi Joi”.
Duas fichaxes no UD Monte Louro
Tralas renovacións de Abel Suárez, Dani Lestón, Ricardo Martínez, e Manuel Chouza, o UD Monte Louro, (Liga da Costa), anuncia as fichaxes de Alberte, meta chegado do Volantes de Baño, e Benji, que tras non poder xogar cos de Louro polo parón da pandemia, volve a tentalo. Tamén ven de fichar, Diego García. Dende o veciño Volantes de Baño, chega Pardelo, e renovou esta pasada fin de semana o porteiro, Iago Romero. Noutro eido de cousas, os de Louro teñen a sua Asemblea Xeral de Socios o vindeiro 19 de Agosto no Agra de Filgueira dende ás 21:00 horas en primeira convicatoria e media hora despois en segunda.
O Camariñas presentouse no Hermanas Patiño
O Novo Camariñas FC, (Liga da Costa), de Juan Cabrejo, presentouse esta pasada fin de semana no Hermanas Patiño. Cabrejo xa puido ter xunto o plantel que vai diorixir e imparteulle unha charla de por onde van a ir os tiros, no que quer e pretende que sexa o novo Camariñs FC.
CF Dumbría e UD Cerqueda serán os rivais do UC Cee nos Trofeos da Xunqueira
O vindeiro sábado 13 de Agosto terá lugar o Trofeo Virxe da Xunqueira en Cee, a 51ª edición no masculino, e a 3ª no feminino. As primeiras en disputar o trofeo das festas ceenses, serán as féminas, e terán como rival o UD Cerqueda, será ás 17:30 horas no Sampaio de Refoxos. Duas horas despois, (19:30), será o turno dos homes. O UC Cee enfrontarase ao CF Dumbría.
O Muxía CF anima aos nenos a apuntarse os seus equipos de base
Campaña do Muxía CF para animar aos nenos do concello e da zona a apuntarse aos equipos de base, nas categorías de benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Os nenos nados antre os anos 2013-14, (inclusives), poden apuntarse aos benxamíns. Antre o 2011-12, a alevíns, 2009-2010, infantís, 2007-2008, cadetes e 2004-2006, xuvenís.
O contacto para calquer dúbida despexaranllo no 606 816 086, ou por medio das redes sociais do clube.
Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitar o teu negocio. Cada día en torno a 60.000 visitas.
-Foto e Texto : piratasdemuxia