Ponteceso e Corme xogaron no Pinguel.
O Ponteceso lévase tódolos trofeos do Concello
Tal e como vos apuntábamos a pasada semana os infantís, cadetes, xuvenís, veteranos e senior do Ponteceso DF e do Corme CF xogaban o pasado sábado e onte Domingo, o Trofeo Concello de Ponteceso das 5 categorías mencionadas e xogados no pontecesán, “O Pinguel”. En todas elas sairon vencedoras as escadras do Ponteceso SD.
Infantis: Ponteceso SD 1-0 Corme C.F.
Xuvenis: Ponteceso SD 3-0 Corme C.F.
Veteranos: Ponteceso SD 5-1 Corme CF
Cadetes: Ponteceso SD 3-2 Corme CF
Senior : Ponteceso SD 2-1 Corme CF
O Muxía derrota ao Fisterra no seu primeiro amigable
O Muxía CF e o SD Fisterra xogaron no Municipal da Arliña un amigable na tarde de onte. Reedición da semifinal da pasada Copa da Costa, pero cun Muxía moi parecido o daquel entonces, sen trocos e con reforzos, e un Fisterra totalmente cambiado, agás algunhas pezas. O resultado foi de 3-0 para os muxiáns con goles de Adrián Alcaina, (6´), Javi Toja, (75´), e o canteirán, Eloy Sambad, (83´). Os muxiáns sairán na Liga da Costa, namentras que os fisterráns, repiten na Preferente Norte.
Campaña de socios do Muxía CF
Tamén decir que o Muxía CF segue ca sua campaña de captación e renovación de socios, cas ventaxes que supoñen os tres tipos de carnet que ofertan. O clube muxián xa advirte que durante a tempada cobrará 3 euros de entrada a tódalas persoas que non sexan socias do clube, para ver os encontros no recinto muxián.
Fondo pesar no Camariñas pola morte do pao de Moriño
Fondo pesar no Camariñas FC, e no pobo camariñán. No día de onte chegábanos a triste nova do pasamento de Moriño, mariñeiro retirado, e que era un dos asíduos do Camariña FC, e pai do coñecido e talentoso xogador do mesmo apodo, Moriño. Dende piratasdemuxia, o noso pésame, ao bravo xogador camariñán, así coma a toda a sua familia e amigos, moito ánimo para todos eles. D.E.P. Moriño, gran persoa a que tivemos o pracer de coñecer, no mar e en terra.
-Foto : Corme Sangre Azul
-Texto : piratasdemuxia