NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA : MOVEMENTOS NO MUXÍA, FISTERRA, CAMARIÑAS, CORISTANCO…

Manolo “Manquiño” toda unha vida co Coristanco.

 

Manolo “Manquiño” deixa paso a xuventude no Coristanco

Manuel Vecino, máis coñecido como Manolo o “Manquiño”, deixa o SD Coristanco tras toda unha vida adicado a él. Ainda estando moi delicado de saúde por varios momentos, nunca deixou de estar o frente ou por detrás dos que foron pasando como presidentes, pero sempre presente. Marcha vendo soños cumpridos coma os trocos de tepe do terreo, as gradas, unha Copa da Costa, unha Liga da Costa, e moitas outras cousas. A Manolo que sempre será “O Presidente, só lle quedou un desexo, o dunha grada elevada con cafetería na parte Oeste do campo, pero todo chegará. O noso cariño e desexo que lle vaia todo ven a este gran amigo e mellor persoa…Vémonos nos campos ou na de Paco “Arume”, Manolo.

O clube coristanqués está agora presidido polo porteiro Diego Mallo, que terá como vicepresidente a Jonathan Fraga, e tesoreiro a Dani Castiñeiras. Como vocais terán a Juan Lagoa e Andrea.

 

Mikael Mouzo do Muxía o Fisterra

O central Maikel Mouzo, que foi operado fai 10 días do menisco. Unha lesión pola que estaba xa dende o pasado ano en espera da operación, pero que non lle impideu xogar a un gran nivel. O vimiancés deixou o Muxía e incorpórase ao SD Fisterra, acompañando así nun novo proxecto a Diego Lobelos, novo adestador dos fisterráns recén descendidos a 1º Galicia G2 A Costa/Santiago.

 

Mouriño, Djibril e Soule renovan co Camariñas

O Camariñas FC da Liga da Costa ven de renovar a tres dos seus pesos pesados. Mouriño, xogador veterano de calidade que leva toda a sua vida no clube camariñán, así coma a Soule e a Djibril, este último foi un dos máximos realizadores da Liga da Costa con 16 goles en 27 encontros xogados. Tamén se certificaba a pasada semana a renovación do técnico juan Cabrejo.

 

A Escola “Juan Cabrejo desarrolla esta fin de semana un Torneo de F7 e F8

A Escola de Fútbol “Juan Cabrejo” , de Camariñas, orgañiza para esta fin de semana, (17-18 Xuño), o Torneo “As Baleas”, que terás as cateorías de prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e feminino, en fútbol 8 as 3 primeiras e en fútbol 7 as outras. Participan un total de 31 equipos, de Camariñas, Muxía, Cee, Fisterra, Zas, Laxe, Mazaricos, Cabana, Sofán e como invitado de fora da zona o Atlético Os Castros, da Coruña.

 

Descensos de Esteirana e Monte Louro por arrastres

A Esteirana baixa a Liga da Costa o non ascender o Lalín, e Monte Louro tamén é arrastrado, neste caso a 3ª da Costa o descender os esteiiráns. PREME AQUÍ para ver a nova máis detallada.

 

Novas breves do fútbol costeiro

Como cada verán iremos poñendo nestes breves as novas que nos manden os equipos, afeccionados ou diretivos dos clubes, polo que se algunha nova de fichaxes e baixas non a poñemos é porque non no la pasou niguén, e así evitar o de que poñemos duns e doutros non.

O noso correo : admin@piratasdemuxia.es

O noso whatsapp : 626 72 00 47

 

-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”