NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA : FICHAXES, RENOVACIÓNS, BAIXAS, NOVAS…

 

Coma tódolos anos por este tempo irémosvos traendo tódalas novas que nos envían os clubes, (e os nosos colaboradores), sobre os seus movementos nesta época estival. Iremos poñendo aquelas novas que nos mandan as diferentes canles de ontacto conosco, (correo, tlf, whatsapp, etc), ou nas que nos etiquetan nas suas redes sociais, para que non haxa aquelo de que : “poñedes duns e doutros non”, polo que durante o día podedes entrar de novo na noticia, xa que iremos actualizando cas que nos vaian chegando. 

 

FÚTBOL

CF Dumbría, (1ª Galicia G2)

Segue o capítulo das renovacións no clube do Conco, desta volta son as de Gusa, Mataso e o meta, Ánxo, xunto ca do coordinador de base, Óscar Léis, que se unen as xa anunciadas de Darío Capelo, David, Rivi, Marcote, Kanario, e o central Pablo Paz. No referente as baixas a de Diego Cespón.

 

CF Noia, (Preferente Norte)

O CF Noia anúncianos a renovación de Ánxo Vidal para a vindeira tempada así como a fichax do lorés Juan M. Camañño, máis coñecido con Juan de Selia, que tras unha extraordinaria campaña no UD Monte Louro con Óscar Leis, recalou no Xallas FC da Preferente do que chega agora ao clube da “Terra do Berberecho”.

 

CF Lira, (Liga da Costa)

Segue a perfilar o equipo o CF Lira para a vindeira tempada e despois da fichaxe de Juan de Caldebarcos, centrocampista procedente da SCDR Esteirana, chega o meta Alberto Sestayo “Furonciño”, e as renvacións de Eloi Serrano e David Pais. No capítulo de baixas anúnciannos a de Toni de Muros, despois de 3 tempadas no clube.

 

Muxía CF, (Liga da Costa)

O presidente da RFGF pasouse polo Municipal da Arliña a facer unha visita, que segundo o presidente muxián Juan José Busto : 2Era unha visita que xa tiña prometida antes da pandemia”, nela falouse das reformas que o concello vai a facer no campo, cun vestiario para mullers e diversas melloras na cantina e grada. Na visita tamén estiveron a portavoz da RFGF, Silvia Cancela, e o subdelegado da costa, Manolo Corredoira.

 

SD Castríz, (Liga da Costa)

Os de San Pedro anúncian a renovación de Mata, por terceira tempada consecutiva e que se une as xa pubricadas fichaxes de Fabian, procedente do Sporting Zas, o lateral Michu, que tamén chega dende terras zacenses, (ambos xa pertenceron a disciplina do clube xalleiro), e a renovación do meta David Gerpe.

 

CD Muros, (Liga da Costa)

O clube muradán anuncia a renovación do corpo técnico con Felipe “Cacharro”, como adestrador, acompañado por Ángel como segundo, e Manolo Pachín como director deportivo. Tamén nos informan da volta do central Maikel, todo un baluarte para a defensa e anteriormente a fichaxe do xove Isma, talentoso xogador chegado do ED Os Miúdos, campión co equipo xuvenil, sobre o que teñen moitas esperanzas postas os muradáns.

 

SD San Lorenzo, (Liga da Costa)

Santi Cambón deixa de ser adestrador dos de Berdillo e despideuse cunha emotiva carta de agradecemento a tódolos que forman o SD San Lorenzo que publicamos en piratasdemuxia.es en exclusiva e que podes ler premendo AQUÍ.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/Colaboradores

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.