NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA : CABANA, BAIO, MAZARICOS E XALLAS.

 

O Cabana rota aos seus adestradores

Desde o Cabana SD, un dos clubes que máis coida o sentimento de pertenza, con equipops repretos de xogadores feitos na casa, siguen coa sua política de rotar aos entrenadores do club ó cabo dun certo tempo, e apostando sempre pola xente da casa, tamén neste eido.  Anúnciannos que, Pablo Martínez será o novo entrenador do equipo sénior na Liga da Costa para a vindeira tempada 2023/24 e José Manuel Vázquezque era o eadestrador do primeiro equipo pasa a levar o novo equipo femenino. Que tal como din dende o clube cabanés, “será a gran novidade nesta tempada e a que acollemos con toda a ilusión”. Fernando Mato, seguirá un ano máis a cargo do equipo xuvenil, e Marcos González collerá as rendas do equipo cadete, que tras un ano sen competir volta á competición. Dani González pola súa  dirixirá o equipo Infantil. As categorías Benxamín e Alevín ainda teñen por perfilar quenes serán os que os levarán. Ademáis da volta dos cadetes e o comezo histórico do equipo feminino, outra das novidades da vindeira tempada, é a creación dun equipo Prebenxamín. Todo esto fai que o clube cabanés sexa como decimos, (que xa o era), un dos principais activos do fútbol da casa da Costa da Morte.
Asemblea de Socios no CD Baio
O CD Baio, que a vindeira tempada volve a liga da Costa, convocou a Asemblea Xeral de Socios para o vindeiro venres 7 de Xullo do 2023. Na órde do día ademáis do balance deportivo e económicio do clubre na tempada pasada e os típicos rogos e preguntas, buscarase a constitución dunha xunta diretiva para a tempada 2023/24.
Marcos Domínguez volve o CF Mazaricos
Ademáis das renovacións de Pereiro, Loly e Brais estes días, dende terras mazariquenses veñen de anunciarnos que o adestrador da vindeira tempada na Liga da Costa será Marcos Rodríguez que retorna o clube, desta volta da man do novo presidente, Nito Estalote, para tratra de devolver os de Mazaricos a 1ª Galicia.

Asemblea Xeral no Xallas FC

O Xallas FC equipo da 1ª Galicia G2, levará a cabo a Asemblea Xeral de Socios o vindeiro día 12 de Xullo a partires das 20:00 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde de non haber quorum na primeira.  A xuntanza terá lugar no Edificio Multiusos da Rúa Curros Enríquez, e nela aprovarase o acta da sesión anterior, farase a memoria deportiva da tempada 2022723, da que tamén se dará conta do balance económico, dimisión da diretiva actual, polo que se abrirá prazo para presentación de candidatos, e os títpicos “Rogos e preguntas” para rematar a asemblea.

 

AVISO

Nos brves do fútbol e o deportie da costa iremos poñendo as novas que nos vaian achegano, colaboradores, clubes, presidentes, xogadores, afeccionados, etc. Se qyueres anunciar algo faino mandándonos a información a admin@piratasdemuxia.es ou o whatsapp 626 72 00 47. Podes mandarnos información e fotos.

-Foto : Cabana SD

-Texto : Xosé Búa “Pirata”