NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA . ALTAS, BAIXAS, RENOVACIÓNS, DESPEDIDAS…

 

Coma tódolos anos por este tempo irémosvos traendo tódalas novas que nos envían os clubes, (e os nosos colaboradores), sobre os seus movementos nesta época estival. Iremos poñendo aquelas novas que nos mandan as diferentes canles de ontacto conosco, (correo, tlf, whatsapp, etc), ou nas que nos etiquetan nas suas redes sociais, para que non haxa aquelo de que : “poñedes duns e doutros non”, polo que durante o día podedes entrar de novo na noticia, xa que iremos actualizando cas que nos vaian chegando. 

 

FÚTBOL

 

SD Fisterra, (3ª División)

Máis despedidas no equipo fisterrán. Se onte anunciábamos a baixa do xove meta Jorge,que fichou polo CF Dumbría, hoxe temos que facer referencia a despedida do outro meta do ano pasado, Albor, así como a dun dos capitáns da pasada tempada como é Pablo Lestón. Lembrar que na pasada semana o clube do Cabo da Fin do Mundo fichaba ao meta Ramón Rodríguez, ex do Deportivo Xuvenil, Fabril e Club Lemos e a de Julián Couto, ex de Bergantiños CF, CF Dumbría e Xallas FC, co que gozou dos derradeiros éxitos da entidade, en liga e na Copa da Costa.

 

Xallas FC, (Preferente Norte)

O equipo xalleiro ven de fichar o xove dianteiro Manu Borneiro chegado do Victoria CF, xogador talentoso criado na canteira do Cabana SD. Asimesmo asina polo clube de Santa Comba o dianteiro Uxío López chegado do Flavia SD. Dianteiro de potente de 28 anos, nado en Compostela.

 

CF Mazaricos, (1ª Galicia G2)

 Sgue a traballar o clube mazariquense a un alto rendimento e a recuperar xente da casa. Unha ledicia para a diretiva actual a resposta dos ex da casa que retornan para levantar o equipo as portas do seu 30ª aniversario. Primeiro foron as renovacións de Borja, José Ángel, Pereiro, Estéfano e Ricardo. No capítulo de fichaxes únese o proxecto :  Chiki que o ano pasado non pudo estar co equipo por motivos de estudios, Rachón, lateral ou interior zurdo con moita chegada, que ven dende o Volantes de Baño CF, Alberto “Villa” o equipo despois do seu paso polo Volantes e Outes, Raúl de Atán a qué e a sua casa despois do seu paso polo Lira. Zurdo con velocidade, Moli o ataque dos amarelos despois do seu paso polo Zas, Sandelo despois do seu paso polo Soneira. Calidade para medio campo, e Ferreiro, o de Beba, para a medular.

 

CF Dumbría, (1ª Galicia G2)

Trala fichaxe no día de onte de Brais, hoxe os dumbrieses anuncian o retorno do xove porteiro Jorge dende o SD Fisterra. Ademáis os dumbrieses renovaron a Mario, Xabi, Gusa, Mataso, o meta Ánxo, o coordinador de base, Óscar Léis, a Darío Capelo, David, Rivi, Marcote, Kanario, e a Pablo Paz. No referente as baixas a de Diego Cespón.

 

CF Lira, (Liga da Costa)

Raúl de Atán deixa o equipo de Lira para voltar o CF Mazaricos, tal e como vos apuntamos máis arriba. No que respecta o resto de movementos hai que sinalar a fichaxe de Juan de Caldebarcos, o meta Alberto Sestayo “Furonciño”, e as renvacións de Eloi Serrano e David Pais. No capítulo de baixas anúnciannos a de Toni de Muros, e a nomeada de Raúl de Atán.

 

SD Coristano, (Liga da Costa)

Xa ten 4 fichaxes apalabradas o equipo da “Terra da Pataca”, pero por respecto aos clubes de procedencia non fará púbricos os nomes ata que teñan acordado os mesmos cos seus clubes. O que sí é segura é a baixa de Joni e a continuidade do adestrador Juni.

 

SCDR Esteirana, (Liga da Costa)

Comeza a moverse a SCDR Esteirana na formación dun novo proxecto para a 2020/21 e faino cunha nova boa e unha mala. As boas, a fichaxe do xove e talentoso dianteiro Berto e as renovacións de Dani Corviños e Elías, e a mala a marcha do excelente porteiro MJ, ao que dende o clube esteirán lle desexan o mellor e que : “As portas sempre as terás abertas, o Xosé Luís Vara sempre será a túa casa!”. Segundo nos comentan o meta esteirán estaría moi preto de asinar por un equipo da costa de Preferente, cousa que ainda non podemos confirmar.

 

SD San Lorenzo, (Liga da Costa)

Santi Cambón deixa de ser adestrador dos de Berdillo e despideuse cunha emotiva carta de agradecemento a tódolos que forman o SD San Lorenzo que publicamos en piratasdemuxia.es en exclusiva e que podes ler premendo AQUÍ.

 

Muxía CF, (Liga da Costa)

Para evitar suspicacias, o ser o equipo do noso pobo, do que somos socios dende 1980, sobre as novas do clube muxián seguimos a espera de que nos faciliten as altas, baixas, renovacións, etc…Tal e como nos teñen prometido, e por eso ainda non puxemos nada. Segundo nos inforrma un afeccionado asinaron polo clube muxián o meta fisterrán, Joselu, o dianteiro vimiancés “Fran-chute” e volve tras abandoar o clube por estudos fora do noso país, Sergio “Peski”.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/Colaboradores

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.