NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA : ADRIÁN LEMA…”OUT” NO XALLAS…JUAN DE DORA E ALBOR…”IN” NO FISTERRA

Adrián Lema deu o salto da Liga da Costa a Preferente esta tempada.

 

  Adrián Lema deixa de ser adestrador do Xallas FC

Adrián Lema deixa de ser adestrador do Xallas FC da Preferente Norte. Como acostuma a pasar nesto do fútbol, os resultados mandan e a diretiva, co equipo de antepenúltimo a puntos co penúltimo con 14 derrotas, 3 ermpates e 4 derrotas, busca un incentivo na plantilla co troco de adestrador, que se xestou tras unha xuntanza de ambas partes. O adestrador carballés quer “agradecerlle a sua atención ao clube pola oportunidade de adestrarar a este gran grupo”.

Os sustitutos serán David González e Ánxo García : PREME AQUÍ.

 

Juan de Dora chega do UD Paiosaco.

Juan de Dora ao SD Fisterra, ademáis de Albor

O dianteiro, Juan Lado Formoso, (Louro-Muros 15/09/1998), máis coñecido como “Juan de Dora” que militaba no UD Paiosaco da 3ª División, deixa o equipo “branquiverde”, para enrolarse no “verdiño”, SD Fisterra que loita por todo na Preferente Norte. Un bo reforzo para o equipo de Ángel López, “que fará unha ataque letal con “Adrián “Makaay”.

Por outra banda e tal como nos explica Ángel López fichan ao meta Adrián Albor Suárez, (Santiago de Compostela-17/05/1987), ex do CD Lalín, Fabril, SD Negreira, Vilalonga ou Compos, xa que : “A verdade é que non tíñamos pensado fichar a ninguén máis, e finalmente pola lesion de Iván, vamos fichar a ALBOR, de porteiro, posto que, non podemos quedar con un só, e Ivan vai para tres meses, como mínimo. É no caso de Juan, onte de sorpresa, (Jose Alvarez) “O Tolo” díxome que podíamos fichar a Juan de Dora, e como temos só a Makaay como dianteiro, e o experimento que estaba a facer con Breixo, non fructificou, decidimos traer alguen cercano a nós e que xa “O Tolo” tiña entre cella e cella. A JUAN DE DORA, xa o tiven conmigo no Dumbría, desde infantil, e sen do que é capáz, e nos vai axudar muito”.

-Foto Adrián e Texto : piratasdemuxia.es

-Foto Juan de Dora : DXT Campeón

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies