NOVAS BREVES DO FISOBER : “XORNADAS DE PORTAS ABERTAS”, “NOVOS EQUIPOS”, CONVENIO”, “BAIXA DE NOE”…

 

Grupo de nenos/as que participaron nas xornadas.

 

“Éxito das xornadas de portas abertas”

Importantes días para o Fisober F.S.F. os do pasado xoves e venres, nos que se celebraron as xornadas de portas abertas e firmouse un convenio de colaboración co F.S.F. Villa de Cee.

Durante a tarde do xoves e venres celebráronse nas I.D. de O Conco en Dumbría unhas xornadas de portas abertas para a captación de nenas e nenos para os diferentes equipos do Fisober xa que o club ten a intención de crear equipos federados en categoría tanto infantil , coma cadete masculino e así unirse aos xa existentes en diferentes categorías femininas.

Creación de novos equipos

A afluencia foi importante a estas xornadas o que implica unha grande satisfacción para o club e da un pulo a idea de poder facer ambos conxuntos, (masculino e feminino), algo no que se irá traballando antes do inicio da tempada. Ademais o fútbol sala é totalmente compatible coa práctica de calqueira outro deporte ou actividade e ademais é beneficioso.

Firma do convenio nas instalacións do Conco.

Convenio de colaboración do FSF Villa de Cee

Tamén o xoves se firmou un convenio de colaboración co F.S.F. Villa de Cee, importante para o crecemento do fútbol sala costeiro e para darlle unha saída neste deporte a eses nenos de categorías inferiores.

Noe deixa o clube tras 15 anos no mesmo.

Noe deixa o clube

Tamén se coñeceu este fin de semana que Noelia García Costa , Noe , unha das nosas capitanas non continuará xogando no club a vindeira tempada na busca de novos retos, pero non continuará xogando xa que Noe sempre será parte do club e confiamos en que algún día volva a vestir a nosa camiseta.

Despois de quince anos no Fisober , toda a nosa existencia, xa que chegou no 2004 con dez cando o Fisober foi creado, foi escalando pasiño a pasiño co club , pasou por tódolos equipos do club e foi axudando a crecer ao Fisober por iso sabemos que solo será un ata pronto e lle desexamos toda a sorte do mundo nos seus vindeiros proxectos.

-Un artigo e fotos de Luis Sambad, (Xefe de prensa do Fisober FSF-

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es