NOVAS BREVES DO DEPORTE DA COSTA :

Coma cada ano en época estival iremos poñendo nas “NOVAS BREVES DO DEPORTE DA COSTA”, todas aquelas que nos cheguen por medio de diretivos, socios, afeccionados ou participantes dos diferentes eventos deportivos, así coma de despedidas, fichaxes, etc…Polo tanto especificar que non vai ser que poñamos as de uns si e aos de outros non, imos poñer as que nos cheguen ou o que é o mesmo as dos que lles interese que se lle de máis visibilidade…Feliz veran a todos!!!.

 

Xornadas de portas abertas no CF Muxía

O CF Muxía pechou a tempada ca renovación do adestrador Sergio Lema “Pataca” tras unha gran tempada a nivel grupal coa permanenza sen apuros do equipo senior masculino e o subcampionato da Copa da Costa, co ascenso do equipo senior feminino a 2ª Galega como subcampión da 3ª e finalista da Copa da Costa. Xa comezaron a traballar na vindeira tempada e o grupo que preside Juan José Busto dispuxo unhas xornadas de portas abertas os días 24 e 25 de Xuño. O 24 foron para os rapaces en idade infantil, cadete e xuvenil e ó 25 foron para os biberón, prebenxamín, benxamín e alevín. 

XXV Torneo de Fútbol Base do Cabana SD

Tal e como xa vos informamos ampliamente, esta vindeira fin de semana terá lugar a 15ª  edición do Torneo de Fútbol Base do Cabana SD o máis sobranceiro e de maior magnitude dos que se celebran na Costa da morte e un dos maiores a nivel galego. Un total de 64 equipos de base inundaran o “As Redondas”, (Cánduas-Cabana de Bergantiños), este sábado 28 e Domingo 29 de Xuño. Toda información dos encontros, data e horarios PREMENDO AQUÍ.

I Torneo Internacional de Fútbol Veterano “Costa da Morte”

Sigue aberto o prazo de inscrición para o I Torneo Internacional de Fútbol Veterano “Costa da Morte”, que orgañiza o CF Cances e para o que xa hai varios equipos da bisbarra, de Galicia e de fora, coma o Deportivo de Veteranos, os Peloteros de Granada, Juventus de León, o Zamora, ou o Rivera de Ourense. Toda a información PREMENDO AQUÍ.

Torneo de Fútbol 7 senior “Santa Sabiña”

Aberto o prazo para incricións para o XVII Torneo de Fútbol 7 senior “Santa Sabiña”, que volve tras 4 anos de parón e farao como parou, cos encontros no Campo do Busto en Santa Sabiña, 8Santa Comba). O prazo para inscribirse remata o 10 de Xullo ás 21:00 horas e o sorteo dos enfrontamentos será unha hora despois no Bar “O Campo” no lugar de O Busto. Teléfono de inscrición: 676 956 120 (David). Toda a información PREMENDO AQUÍ.

Renovacións no San Lorenzo

O San Lorenzo de Verdillo xa traballa na vindeira tempada na que volta a Liga da Costa tralo descenso da 1ª Futgal G2, e o primeiro que fixo foi dar continuidade ao bo traballo que fixeron Iván Rojo e Álex Canteiro no banco. Collérono nun intre moi difícil e conseguiron que o equipo competise e voltase a disfrutar de algunha vitoria nunha tempada moi dura. Tamén anunciaron as renovacións dos xogadores, Pablo Garrido, Álex Taibo e Iago López.

Festa Fin de tempada do CF Dumbría

O sábado 28 de Xuño, día antes das finais se pasan a elas, o CF Dumbría celebra a festa Fin de Tempada no Municipal do “Conco”. Toda a información no cartel.

II Torneo Costa da Morte e Trofeo Federación de Aire Libre

O club de arco de Corme, “Flechas por un tubo”, orgañiza o 5 e 6 de Xullo a segunda edición do Torneo Costa da Morte de tiro con arco, conxuntamente co gallo da celebración do Trofeo Federación desta modalidade deportiva, como xa o fixeron o pasado ano. Toda a información PREMENDO AQUÍ.

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Información recibida vía : Whatsapp, Gmail, e Messeger.