O capitán, Diego Villares “O mago de Samarugo”, pasou por rolda de prensa sendo o primeiro en facelo desde o comezo da pretempada este pasado luns e as suas primeiras verbas foron sen contemplacións : “Esta podería definirse como a tempada do equipo. Unha vez adaptados á categoría temos que dar un paso adiante, tanto eu como o equipo”, e pideu que, os xogadores que poidan dar ese paso adiante despois do primeiro ano de asentamento na categoría”, pero non eso só para os canteiráns, e para os novos senón que, “poida ser así para todos”.
O de Samarugo dixo que teñen, “gañas de dar un paso adiante”, tralo asentamento do equipo que segundo as suas verbas foi para o que valeu a pasada.
Falou sobre Lucas Noubi e Arnau Comas e do primeiro dixo que o ve coma “un bo reforzo”, que o ve con moi boa 2capacidade física”. Sobre Arnau non puido opinar xa que ainda está a adestrar a parte. No día de hoxe e tras esta rolda de prensa tivo o central con él no grupo pero só na parte de quecemento.
Sobre Antonio Hidalgo e os seus mandamentos dixo que, “tan só levamos 4 días e tampouco deu tempo para moito…control de balón, saida de porta e pideunos cousas coma o ano pasado”, para o de Samarigo hai que ir, “traballando pouco a pouco”. e sobre a cantidade de xogadores nos adestramentos o samarugués quítalle ferro a tanto incirdio que está a dar con esto parte da prensa cando é unha cousa normal habida conta de que son moitos os que viñeron tralas sesións e que irán collendo destiño ou quedando aquí segundo vexa o adestrador ea dirección deportiva.
Pablo Vázquez xa non estivo no adestramento
José Ángel sigue ca sua readaptación trala operación de pubalxia de fai mes e medio e Arnau Comas xa se vai asomando ao grupo, como xa vos contamos.
O que xa non estivo foi Pablo Vázquez, que tal como vos imnformábamos onte e lendo a prensa asturiana, xa tiña onte pechada a sua incorporación o Xixón que se leva a un dos mellores xogadores do Depor destas pasadas duas campañas. O parecer xa está en Xixón e xa estivo na cidade deportiva de Mareo esta mesma mañán para pechar o seu pase o equipo xixonés, rival do Depor na loita por todo.
Sobre a marcha de Pablo Vázquez, Villares dixo que : “Parece que vai saír. Tanto él coma Pablo Martínez, Jaime e Hugo foron xogadores importantes no ano do ascenso e puiden vivir grandes momentos con eles, quedo co positivo”. Sobre a marcha deles dixo que, “os xogadores non nos temos que meter, é cousa que pasa no fútbol”, o de Samarugo prefire, “non meterme “.
Ante o Burgos o 24 de Agosto ás 17:00 horas
Segundo infroma o RC Deportivo o encontro de debut en Riazor, que será o da segunda xornada, será o 24 de Agosto, 8Domingo), a partires das 17:00 horas. O equipo burgalés a pasada tempada levouse os 3 puntos de Riazor tras vencer por 0-2 nun choque que decideu unha controvertida actuación desde o VAR. O debú en liga será unha semana antes, ó 16 de Agosto, (sábado), ante o Granada no “Nuevo Los Cármenes”, a partires das 21:30 horas.
Preto de 3.500 renovacións no primeiro día da campaña
No día de onte abríase a veda para as renovacións dos carnets da 2025/26, tal e como xa vos informamos”, e pechouse o primeiro día de renovacións con 3.492.
Estrela Galicia e o RC Deportivo renovan o seu acordo de patrocinio ata 2028
Estrella Galicia e o Real Club Deportivo fortalecen a súa relación e colaboración coa renovación do seu acordo de patrocinio por tres tempadas máis.
Así, a cervexeira galega seguirá apoiando distintas categorías do club branquiazul ata 2028, reafirmando o seu sólido compromiso co deporte, co espírito inconformista que caracteriza a ambas as entidades e coa cidade da Coruña.
-Foto e vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
