NOVAS BREVES DO DEPOR E DO DEPORTIVISMO

 

Álex Bergatiños dado de alta

Álex Bergantiños foi dado de alta hospitalaria no Hospital o Modelo da Coruña no que permaneceu en observación durante toda a noite. Ainda que circularon o final do encontro fotos que decían ser de Álex sin a parte dental de arriba, eran falsas e a realidade ainda que tamén foi grave non o foi tanto e sufreu un corte nos labios superior en inferior que precisou da sua reconstrucción con 70 puntos de sutura, segundo os galenos na mandíbula só foi un forte golpe pero sen rotura. Nada máis ser operado preguntou se podería xogar en Mallorca cunha máscara e no día de onte ante a neuralxia do golpe, non se explicaba por que o cambiaran. Onte foi visitado por varios compañeiros e polo presidente do clube, Paco Zas, e no día de hoxe antes ser dado de alto foi visitado polo adestrador mallorquín e por Pedraza o que lle fixo a tremenda entrada a cara cos tacos, de maneira fortuita e que lle pideu disculpas. Álex, cabaleiro coma sempre, dixo que : “non esteña preocupado. Son cousas de fútbol. O que él viveu onte e o mesmo que me pasou a min o ano pasado con Torres”, cando tras unha disputa de balón déronse un cabezazo e Torres caeu fulminado o terreo de xogo. De todos modos Álex que será baixa para o trascendental encontro en Mallorca do Domingo ás 21:00 horas, (19:00 GMT), dixo que viaxará co equipo.

 

 

19 Peñas en Mallorca

Un total de 19 peñas estarán representadas en “Son Moix” para insuflar alento o equipo no importantísimo encontro que decidirá quen xogará a vindeira tempada en 1ª División. Serían moitos m´çais os deportivistas que viaxarían a terras baleares, pero tras moito loitar a Federación de Peñas non atopou unha porta aberta para axudar. Os vóo “charter” máis baratos que atoparon foron de 449 euros máis desprazamento e nen o clube aceptou axudar para reducir os costes. Os que mellor o teñen son as peñas de Barcelona polo ferri, así como os galegos e peñistas de Mallorca e as illas. A afección a pesres dos atrancos nunha falla. No cartel podes ver as 19 peñas que estarán representadas en Son Moix…e máis Carlos Cela.

 

Pablo Marí adestrou co grupo

Pablo Marí realizou esta mañá gran parte da sesión co grupo de futbolistas que onte non foron titulares ante o Real Mallorca en Riazor. O central valenciano retirouse na última parte, de acordo cos Servizos Médicos e os técnicos branquiazuis. Mañá, todo o cadro está citado en Abegondo ás 11:00 horas para viaxar a Palma e medirse ao Real Mallorca este domingo 23 de xuño en Son Moix (21:00 horas, Movistar Partidazo), no partido de volta da final polo ascenso a 1ª División. Os que xogaron onte tiveron tareas de ximnasio e recuperación.

 

O Depor volta tralo encontro a Coruña

O Deportivo desprázase mañá sábado 22 de xuño a Palma para disputar este domingo 23 (21:00 horas, Movistar Partidazo) en Son Moix ante o Real Mallorca o partido de volta da final polo ascenso a 1ª Divisiónr. O regreso á Coruña será unha vez conclúa o choque ante o conxunto balear. No caso de acadar o ascenso, a chegada a Alvedro, que estará aberto para recibir a expedición deportivista está estipulada para en torno ás 3 da madrugada, (01:00 GMT).

 

Luisito un ano máis no Fabril

Segundo nos informan dende o clube : “José Luis Míguez Iglesias, “Luisito”, e o presidente do Real Club Deportivo, Paco Zas, asinaron esta tarde na sede do Club na praza de Pontevedra a renovación do adestrador como responsable do Fabril para a próxima temporada 2019-2020. O técnico galego iniciará así un novo ciclo no grupo I da Terceira á fronte do filial deportivistas, ao que se incorporou o pasado 4 de febreiro”.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es