NOVAS BREVES DO DEPOR E DO DEPORTIVISMO

 

Sasa Jovánovic o próximo en chegar

Segundo a Voz de Galicia o serbi Sasa Jovánovic que para o vindeiro 15 de Nadal cumplirá 28 anos e que o ano pasado xogou no Córdoba do que se foi no inverno para xogar no Al Fateh saudí chegará en breve ao Depor en calidade de cedido. O xogador do leste xoga de  extremo e viría a suplir a baixa de Pedro Sánchez. 

 

Gaku Shibasaki pérdese o Depor-Albacete pola selección

Gaku Shibasaki foi convocado para dous encontros ca sua selección para o mes de Setiembre. A selección nipoa mídese en primeiro lugar nun amigable a Paraguai o xoves 5 de setembro (19:20, hora local), coa Kirin Challenge Cup en xogo. O choque disputarase no Kashima Soccer Stadium. E o martes 10, Xapón visita a Myanmar [Birmania] (18:50 hora local, Thuwunna Stadium de Rangún), con motivo da segunda rolda de clasificación para o Mundial de Qatar 2022 e a Copa de Asia China 2023. Así pois, o centrocampista branquiazul pérdese o partido de liga ante o Albacete, previsto para o sábado 7 de setembro en Riazor, (16:00 horas-14:00 GMT).

 

Somma pérdese o Rayo-Depor por lesión

Todo apuntaba a que Somma sería da partida en Vallecas pero o golpe sufrido en Huesca no seu xeonllo levouno a abandoar o adestramento, tras haber complketado onte o adestramento sen problemas e sufre unha contusión e escordadura do xeonllo dereito o que lle fará estar parado varios días, según evolucione a inflamación. En condicións normais podería perderse un mes de competición dependendo do grao da escordadura.

 

PEÑAS QUE ESTARÁN PRESENTES NE VALLECAS

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es