NOVAS BREVES DO BERGANTIÑOS, DEPOR, FABRIL E DEPORTIVO FEMININO.

 

Dous novos reforzos para a tempada 22/23 e Uzal deixa o Bergantiños

O Bergantiños FC comunica que o mediocentro coruñés Manu Núñez e o lateral dereito Estramil, procedente da nosa canteira, convértense no sétimo e oitavo fichaxe para a nova temporada 23/24.

Manu Núñez

O xogador vestirá a camisola vermella por dúas tempadas.O mediocentro ofensivo (A Coruña, 1998) procede da UD Ourense club polo que ficha procedente do Somozas. Xogador con experiencia en Terceira formouse na canteira do Victoria CF e recalou na canteira lucense como xuvenil para a categoría de división de honra. Ligado ao CD Lugo Manu Núñez estivo 5 anos.

A potencia do canteirán Estramil

O lateral dereito (Carballo, 2004), que xa levaba dúas tempadas en dinámica de 1° equipo, incorpórase no seu primeiro ano como sénior ás nosas filas. Formado desde os seus inicios na nosa canteira, converteuse en peza importante en cada unha das nosas categorías de base. Acadou co noso xuvenil o ascenso a Liga Nacional na temporada 20/21 , equipo que capitaneou nestes dous anos na categoría. Agora o seu esforzo, garra e paixón dálle a oportunidade de converterse en xogador do 1° equipo.

Uzal e Seoane serán baixa

Amáis informannos que Diego Uzal e Sito Seoane non continuarán no Bergantiños para afrontar novos retos futuros.
Os xogadores foro todo un exemplo tanto no deportivo como no persoal durante estes anos. Sempre dispostos a axudar e mellorar, non só individualmente senon tamén colectivamente. Exemplos do bo facer e do bo saber, por todo iso o club agradécelles todo o dado e mostrado tanto nos bos como nos momentos máis duros.

 

Ó 25-26 de Agosto comezará a 1ª RFEF

O campionato de Primeira Federación comezará a fin de semana do 26 e 27 de agosto e concluirá no do 25 e 26 de maio. A última xornada de 2023 terá lugar os días 16 e 17 de decembro e a primeira de 2024 xogarase o mércores 3 de xaneiro.

As semifinais do playoff de ascenso terán lugar os días 1 e 2 de xuño (ida) e 8 e 9 de xuño (volta). As finais disputaranse as fins de semana do 15 e 16 de xuño (ida) e 22 e 23 de xuño (volta).

 

 

O Fabril xa coñece os rivais na 2ª RFEF e o empezo da liga

A Real Federación Española de Fútbol fixo pública a configuración dos diferentes grupos de Segunda Federación 2023-2024.

A liga en Segunda Federación arranca a primeira fin de semana de Setembro

O Fabril arrancará a liga a primeira fin de semana de setembro, sábado 2 ou domingo 3. A liga prolongarase até a fin de semana do 4 e 5 de maio de 2024. O playoff de ascenso, a ida e volta, serán o 11 e 12, e 18 e 19 de maio (semifinais); e 25 e 26 de maio, e 1 e 2 de xuño (finais).

 

Laurita nova xogadora do Deportivo Feminino e arranque da liga

Laura Gutiérrez Sáenz de Santa María (Luanco, Asturias, 18 de abril de 2000) é a segunda fichaxe do Dépor ABANCA 2023-24. 

Máis coñecida no mundo do fútbol como Laurina, a futbolista asturiana, que asinou até xuño de 2024, actúa principalmente como extremo esquerda aínda que pode amoldarse a calquera posición da liña ofensiva. 

Formada na prolífica canteira do Oviedo Moderno CF, co que chegou a debutar na máxima categoría nacional con só 15 anos, no verán de 2021 puxo rumbo a Sevilla para xogar na Liga F co Real Betis Féminas. Nestas dúas temporadas co equipo verdibranco sumou 45 aparicións (44 en Liga e 1 en Copa da Raíña) aínda que unicamente 16 como titular, nas que anotou 2 goles.

Laurina súmase ao cadro deportivista 2023-24 tralas renovacións de Lucía Alba, Henar Muiña e Cris Martínez durante o curso 2022-23, as recentes ampliacións de Millene, Raquel García e Charle, as xogadoras con contrato en vigor: Inés Altamira, Paula Gutiérrez, Ainhoa Marín e Carlota Suárez, e a fichaxe de Clara Rodríguez (FC Barcelona B).

 

O arranque da liga na segunda semana de Setembro

O Dépor ABANCA comezará a súa andaina a próxima temporada 2023-24 en Primera Federación Iberdrola o 9 ou 10 de setembro. Con varios paróns durante o ano, a 26ª e última xornada disputarase o 28 de abril de 2024.

Do mesmo xeito que a pasada campaña, o campión subirá directamente á Liga F, mentres que a outra praza de ascenso sairá dun playoff (semifinais e final) que a ida e volta disputarán do 2º ao 5º clasificado. Será esta fase final entre o 5 e o 15 de maio posto que os partidos de volta xogaranse en mércores. Por outra banda, a primeira eliminatoria da Copa da Raíña terá lugar o 13 de setembro.

 

-Foto : Prensa Bergantiños FC

-Foto 2ª RFEF : RFEF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Prensa Bergantiños FC/RC Deportivo