Hugo Baldomar nova incorporación do Bergantiños FC
É unha nova que nos alegra anunciar, eta dao novo destino de Hugo Baldomar, pois non por ser un xogador costeiro, senón porque o Bergantiños é un gran equipo para seguir crecendo, para este rapáz que amosa moi boas maneiras dende rapaciño e que pode ser moi importante no equipo carballés, por ende, un equipo da Costa, que miloitará este ano na 3ª RFEF.
Hugo comezou a sua andaina antre os diferentes equipos de fútbol e futsal do Fisterra e nos prebenxamíns do Bergantiños, para logo de maneira contínua pasar 11 anos na canteira do RC Deportivo, na que acadou numeorsos éxitos en forma de copas e ligas.
Remeseiro e Canedo renovan co Bergantiños
Ademáis da fichaxe de Hugo Baldomar, fai uns días asinaba o dianteiro asturiano, Pablo longo, tal e como xa vos informamos, e renovaron Marcos Remeseiro e Santi Canedo.
Darío Pardiñas e Ibra novas fichaxes do CF Porteño
Darío Pardiñas deixa o Soneira SD da 1ª Galicia para voltar ao equipo no que deu os seus primeiros pasos, o CF Porteño que esta vindeira tempada militará na Liga da Costa. Así mesmo con él chega outro xogador que ven de terras vimiancesas, Ibra, que xogou o pasado ano no xuvenil do Soneira e antes no Muxía CF, e que tiña varias noivas, pero prefireu o equipo da ponte do Porto. Días atrás e tal como vos anunciamos, os porteños renovaban a perla da canteira, Álan Suarez, e fichaban a Mayor, ex tamén do Soneira e Baiñas.
O Castrelo seguirá sendo dirixido por José Manuel Ordóñez
Segundo nos informa un afeccionado do CF Castrelo, que xoga na 3ª da Costa, o equipo da parroquia vimiancesa seguriá tendo no banco o porteño, José Manuel Ordóñez para a tempada 2023/24.
Julian e Isma renovan polo Muxía CF
O Muxía CF, equipo da Liga da Costa, segue coma nos derradeiros dous anos a apuntalar pronto os xogadores clave. Se primeiro foi a fichaxe do tandem do banquillo, Nando e Fran “Pioto”, detrás chegaron as renovacións de Michael, José Lema e Fran Moreira, este último con moitas noivas en equipos da mesma liga e superiores. Agora os derradeiros e asinar a sua contiunación no equipo da Vila da Barca son Isma Pose e Julián Busto.
Nito Estalote novo presidente do CF Mazaricos
Había moitas dúbidas co futuro do CF Mazaricos, tras celebrarse duas asembleas de socios e non aparecer ninguén que se quixera facer coas rendas do clube, tras estar competindo continuamente dende o 1991. Na terceira foi a vencida e Nito Estalote, ex xogador do clube mazariquense nos seus inicios, é o novo presidente. A diretiva ainda non está pechada, pero espera xuntar a entorno a unha vintena de membros para repartirse o traballo. Algúns dos nomes da nova diretiva con Nito son, Pepe Casanova, José Nieto, pero en breve completarán o organigrama de como e cantos serán.
O CD Baio fleta buses para afinal da Copa da Costa
Un ano máis a Copa da Costa terá un escenario moi bo, pero alonxado do centro para que esté preto de tódolos concellos que forma o fútbol costeiros, e máis tendo en conta a precariedade de infraestructuras que temos viales na nosa zona. Co fin de facilitar o desprazamento de afeccionados a gran final do 25 de Xuño no 2A Fontela”, (Santa Comba), o CD Baio coa colaboración do Concello de Zas fleta autobuses para os seus afeccionados, tal e como nos comenta un ex xogador do equipo baies. Para acadar unha praza nos buses os interesados deberán inscribirse chamando ao 697 50 59 99.
AVISO
Coma cada ano en época estival as novas de movementos nos equipos poñeremos as que nos manden por medio do noso correo admin@piratasdemuxia.es, polo noso whatsapp, (626 72 00 47), ous nos meseggers das nosas redes, (FaceBook, Twitter e Instagram), para así evitar o de que poñemos o de uns si e outros non. Poden mandárnolas, diretivos, xogadores, afeccionados, etc…sempre identificándose.
-Foto : Bergantiños FC
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Colaboradores