Eleccións na SCDR Esteirana
Trala Asemblea Xeral Ordinaria da SCDR Esteirana do pasado 16 de Xuño, na que se deu conta de todo o relativo as contas e o balance deportivo, deuse un prazo para a presentación de candidaturas para a formación dunha nova diretiva, ese prazo remata o vindeiro Domingo 30 de Xuño ca Asemblea Xeral Extraordinaria na que se dará remate a presentación de candidaturas e a elección dunha nova diretiva. A xuntanza terá lugar no Local Social a partires das 11:30 horas, e se non houbese quorum media hora máis tarde.
2ª Xornada de portas abertas no feminino
Mañán venres 28 de Xuño de 2024 terá lugar a 2ª Xornada de Portas Abertas na procura de seguir sumando rapazas para o novo proxecto do equipo feminino da SCDR Esteirana. Será como na `primeira no Xosé Luis Vara de Esteiro antre ás 20:00 horas e as 21:30. O adestrador e unha das caras visibles do proxecto, Fran Figueroa invita a asistir a todas aquelas rapazas que o desexen e queira : “Ver por elas mesmas este ilsionante proxecto e se lles gusta o que vexan se sumen a él”. As interesadas poden pasarse polo campo esteirán e se non poden teñen a opción de falar co adestrador Fran Figueroa, (666511612), ou con calquer membro do clube, para recabar máis información.
AVISO
No apartado de fichaxes e baixas dos equipos só iremos poñendo os que nos cheguen por medio dos nosos contactos, (email, tlf e whatsapp). Para que non se pense que poñemos uns si e outros non, pois é imposible que nos enteremos de todos.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto : A Voz da Esteirana