NOVA SEMANA DE ADESTRAMENTOS CON SESIÓNS DOBRES A ESPERA DE MÁIS REFORZOS.

 

O Depor comeza unha nova semana de adestramentos, con 9 sesións, 3 delas dobres, (luns, mércores e venres), e 3 pola mañán, (martes, xoves e sábado). Namentras segue o traballo nos despachos e esta semana poderían chegar en torno a dous novos fichaxes a espera de que se clarexe o futuro de algúns coma Diego Rolán, Fede Cartabia ou Vicente, xa que Gerad Valentín dase por rescindido e fichado polo CD Lugo en moitos medios. Parece que o que sí quedará é Keko Gontán e hai presión de equipos por Mujaid.

No capítulo de chegadas Fernando Vázquez xa ten adestrando con él as incorporacións con Claudio Beauvue, Carlos Abad, Borja Granero, Celso Borges, Lucho García, e estréanse hoxe  José Lara e Héctor Hernández.

Dous dos nomes que soan máis forte para a sua inminente chegada son o dianteiro cadista de 25 anos de idade, Dani Romera, e o extremo esquerdo uruguaio, Ignacio Gonzalez, de 26 anos e que xoga no Club Plaza Colonia de Deporttes, (Uruguai).

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies