NOVA MOSTRA DA CORRUPCIÓN NOS ESTAMENTOS DEPORTIVOS : “O COMITÉ DE COMPETICIÓN REXEITA A DENUNCIA DUNHA CRARA ALIÑACIÓN INDEBIDA DO BARCELONA DA OKLIGA”

 

O Barcelona da OK Liga que colidera con 6 puntos a competición co Liceo Deportivo cometeu unha crara aliñación na primeira xornada de liga ante o Palafruguell. O equipo xironés denunciou a aliñación, pero segundo o Comité de Competición fíxoo fora de prazo polo que desestimou a denuncia.

Desta volta o Comité non actuou de oficio como noutras ocasións, a pesares da fragrante infracción cometida polo equipo barcelonista, xa que neste encontro xogou Nil Roca que arrastraba unha sanción de un encontro da derradeira xornada da pasada liga, cousa que indignou ao clube xironés.

O Liceo Deportivo lider por golaveraxe xogará mañán luns ante o Barcelona no Palau Blaugrana a partires das 19:00 horas.

Na primeira xornada os liceistas derrotaban ao Igualada por 0-4 e na segunda o Taradell por 15-1. Pola sua banda o Barcelona derrotaba por 7-0 ao Palafruguell, no encontro que tiñan que haberlle dado por perdido por aliñación indebida e na segunda xornada derrotou ao Lloret por 2-10. Ambos conxuntos suman polo tanto pleno de vitorias, xunto co Reus, Caldes e Voltregat.

-Foto : La Voz de Galicia

-Texto : piratasdemuxia